Novos Empresarios

CIRCE-PAITDende Asec Asesores constituimonos como único Punto de Asesoramento o Emprendedor (Punto PAE) de Cambados, para axudar a novos emprendedores no seu asesoramento e constitución de forma gratuita.

Nos Puntos de Asesoramento ò Emprendedor (PAE), prestamos de forma sinxela e clara servizos de asesoramento e información na definición das súas iniciativas empresariais e durante os primeiros anos de actividade e tamén realizamos os trámites administrativos necesarios para a constitución da súa empresa.

Quero pedir unha cita para poñer en marcha a miña empresa

En qué consisten os puntos PAE

Apóianse no Centro de Información e Rede de Creación de Empresas (CIRCE) dependente do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e configúranse como centros nos que se asesora e presta servizos sen ánimo de lucro aos emprendedores na creación de Sociedades de Responsabilidade Limitada (SRL) e Sociedades Limitadas Nova Empresa (SLNE), a través de medios telemáticos.

En que lle podemos axudar

Estamos á súa disposición nas nosas oficinas en Cambados, onde lle poderemos asesorar, informar e cumprimentar todos os datos necesarios para a constitución da súa empresa.
Co procedemento telemático, o emprendedor só ten que ir presencialmente ao PAE e ao notario, evitando así desprazarse para realizar os trámites restantes e sen necesidade de utilizar formularios en papel.

Para máis información

Poden dirixirse as oficinas en Cambados ou consultar a seguinte dirección:
http://portal.circe.es/es-ES/emprendedor/Paginas/Emprendedor.aspx

Vídeo explicativo de punto PAE

Advertisement