Exención do IBI Cambados

EXENCION DO IMPOSTO DE BENS INMOBLES (IBI) PARA OS BENS DECLARADOS DE PROTECCIÓN INTEGRAL NO CONXUNTO HISTORICO DE CAMBADOS

Estarán exentos do Imposto sobre Bens Inmobles os inmobles declarados expresa e individualizadamente monumentos ou xardíns históricos de interese cultural, mediante Real Decreto na forma establecida polo artigo 9 da Lei 16/1985, de 25 de xuño de Patrimonio Histórico Español, e inscritos no Rexistro Xeral ao que se refire o seu artigo 12 como integrantes do Patrimonio Histórico Español, así como os comprendidos en zonas arqueolóxicas, os incluídos como obxecto de especial protección no instrumento de planeamento urbanístico, ou en sitios ou conxuntos históricos, como é o caso do Concello de Cambados, os que conten cunha antigüidade igual ou superior a cincuenta anos, e estean incluídos no catálogo previsto como obxecto de protección integral .

Esta exención non alcanzará a calquera clase de bens urbanos dentro do perímetro delimitativo das zonas arqueolóxicas e sitios e conxuntos históricos, globalmente integrados neles, senón, exclusivamente, aos que reúnan as seguintes condicións:

– En zonas arqueolóxicas, os incluídos como obxecto de especial protección no instrumento de planeamento urbanístico a que se refire o artigo 20 da Lei 16/1985, de 25 de xuño de Patrimonio Histórico Español.

En sitios ou conxuntos históricos, como é o caso do Concello de Cambados, os que conten cunha antigüidade igual ou superior a cincuenta anos, e estean incluídos no catálogo previsto no Real Decreto 2159/1978 de 23 de xuño polo que se aproba o Regulamento de Planeamento para o desenvolvemento e aplicación da Lei sobre Réxime do Solo e Ordenación Urbana, como obxecto de protección integral nos termos previstos no artigo 21 da Lei 16/1985, de 25 de xuño.

A Lei 16/1985, de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español, di literalmente no seu  Artigo 21:

“1. En los instrumentos de planeamiento relativos a Conjuntos Históricos se realizará la catalogación, según lo dispuesto en la legislación urbanística, de los elementos unitarios que conforman el Conjunto, tanto inmuebles edificados como espacios libres exteriores o interiores, u otras estructuras significativas, así como de los componentes naturales que lo acompañan, definiendo los tipos de intervención posible. A los elementos singulares se les dispensará una protección integral. Para el resto de los elementos se fijará, en cada caso, un nivel adecuado de protección.

2. Excepcionalmente, el Plan de protección de un Conjunto Histórico podrá permitir remodelaciones urbanas, pero sólo en caso de que impliquen una mejora de sus relaciones con el entorno territorial urbano o eviten los usos degradantes para el propio Conjunto.

3. La conservación de los Conjuntos Históricos declarados Bienes de Interés Cultural comporta el mantenimiento de la estructura urbana y arquitectónica, así como de las características generales de su ambiente. Se considerarán excepcionales las sustituciones de inmuebles, aunque sean parciales, y sólo podrán realizarse en la medida en que contribuyan a la conservación general del carácter del Conjunto. En todo caso, se mantendrán las alineaciones urbanas existentes.”

concelloPolo tanto, en función do anterior, o requisito de protección especial ou integral esíxese para os bens inmobles urbanos situados en zonas arqueolóxicas e en conxuntos ou sitios históricos, de forma que, si non están incluídos no réxime de especial protección integral, no lles corresponde a exención no IBI.- Este requisito de protección integral non se esixe para os bens comprendidos no primero párrafo da letra b) do apartado 2 do artigo 62 do TRLRHL, como por exemplo os declarados expresa e individualizadamente monumento ou xardín histórico de interés cultural, mediante Real Decreto na forma establecida polo artigo 9 de la Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español, e inscritos no Rexistro Xeral a que se refire o seu artigo 12 como integrantes do Patrimonio Histórico Español, etc.

Dentro do Concello de Cambados, e como ven desenvolvido no Plan Especial DE PROTECCION E ORDENAMENTO DO CONXUNTO HISTORICO DE CAMBADOS, atopamos gran cantidade de inmobles que contan con esta protección integral, e que polo tanto  atópanse EXENTAS DE TRIBUTAR NO IBI, pero que para poder ter dereito a esta exención están obrigados os propietarios dos mesmos a solicitar a Exención Previa Solicitude, como establece o Art. 62.2 da Lei Reguladora de Facendas Locais. No concello de Cambados non existe un modelo de solicitude, nin se especifica a documentación que se ten que aportar para solicitar esta exención os propietarios dos inmobles, como si sucede noutros concellos como por exemplo Vigo, Madrid, Murcia, Badajoz,  Segovia, Tarragona, Oviedo, Almeria etc… Os inmobles que cumpren este requisito poderían obter esta Exención dende o 2004, e polo tanto non ter que tributar polo IBI dende fai dez anos, iso si sempre que se solicite esta exención por escrito, e unha vez que se solicite e cando sexa aprobado polo concello contara con esta exención dende ese exercicio, non podendo solicitar a exención con carácter retroactivo para os exercicios anteriores.

Como solicitala Exención

Se a vivenda da súa propiedade atopase dentro dos inmobles con Protección Integral dentro do Plan Especial DE PROTECCION E ORDENAMENTO DO CONXUNTO HISTORICO DE CAMBADOS, o propietario do inmoble pode solicitar esta exención presencialmente mediante solicitude por escrito no concello de Cambados, acompañando o ultimo recibo do IBI, ou ven a gráfica descritiva do inmoble que pode descargar dende a Sede Electrónica da Oficina Virtual do Catastro,  ademais de aportar unha certificación emitida polo Concello de Cambados conforme o inmoble en cuestión cumpre os requisitos para poder aplicar esta dedución (Ter a protección Integral no Conxunto Histórico do Concello de Cambados), ou ben aportar copia da ficha da vivenda dentro do Plan especial de Protección do Conxunto Histórico e que se poden descargar nos seguintes enlaces, e tamen podese consultar neste mapa do Conxunto Histórico que se adxunta (Inmobles de cor violeta).

plano plan especial color

RELACION DE INMOBLES CON PROTECCIÓN INTEGRAL


ZONA DE FEFIÑANS

plano plan especial fefiñans

ZONA DE CAMBADOS

plano plan especial cambados

ZONA DE SANTO TOME

plano plan especial santome

Advertisement