Fomento e mantemento do emprego por conta allea, de persoas empadroadas no municipio (con antigüidade mínima de un ano no padrón no momento de iniciarse a contratación), a tempo completo ( en calquera das modalidades contractuais vixentes), cunha duración mínima de seis meses, formalizados entre o 1 de decembro de 2017 e 30 de novembro de 2018.
A efectos destas bases considéranse subvencionables as contratacións seguintes:
• Indefinida.
• Conversión de contrato temporal/duración determinada en indefinido.
• Temporal/duración determinada.
Poderán ser obxecto de subvención un máximo de tres contratacións por empresa.