ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDES DAS BOLSAS DE FORMACIÓN EN INTERNACIONALIZACIÓN EMPRESARIAL


A partir de hoxe os novos profesionais con titulación universitaria ou profesional vinculada ao mundo empresarial interesados na adquisición de competencias en materia de internacionalización poden solicitar as bolsas convocadas, a través do Igape, pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, co obxectivo de capacitar neste ámbito a 40 novos titulados.

O programa, que inclúe formación práctica conxunta en Galicia e especialización sobre o terreo en catorce destinos mundiais, facilita aos seleccionados competencias na internacionalización de empresas, ao tempo que mellora a súa empregabilidade e potencia a competividade internacional das Pemes galegas.

Máis información

Advertisements