Axudas a proxectos de expansión comercial


Remítese información da convocatoria de AXUDAS PARA PROXECTOS DE EXPANSIÓN COMERCIAL  – IN228A. DOG núm 23 de xoves 1 de febreiro de 2018. Recordámoslle que desde Asec Asesores tramitamos  e  xustificamos estas axudas. No caso de que estivese interesado quedamos á súa disposición para que nos consulte. A continuación detállanse os puntos destacados da convocatoria:

  • Beneficiarios

 Persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica sen personalidade xurídica que cumpran os seguintes requisitos:
Para proxectos de expansión comercial:

  • Desenvolva a súa actividade comercial dean Galicia
  • Que empreguen a menos de 50 traballadores e non teñan consideración de gran establecemento comercial.
  • Dados de alta nun epígrafe de IAE dos relacionados en anexo II das bases e que constitúa a súa actividade principal de forma ininterrumpida durante os últimos 2 anos
  • Desenvolvan actividade comercial nun establecemento comercial cunha superficie de exposición e venda igual ou inferior a 150 metros, excepto as actividades encadradas en epígrafes 653.1

Para proxectos piloto pop up para expansión comercial:

  • Os comerciantes que reúnan lon requisitos previstos no punto anterior.
  • Comerciantes que realicen a actividade comercial en linea con domicilio social na CCAA de Galicia que conten cun mínimo de dous anos de actividade comercial ininterrumpida e que estean dados de alta nalgún epígrafe de IAE  que se relaciona en anexo II
  • Que estean dados de alta nalgún epígrafe de IAE que se relaciona en anexo III e que este constitúa a actividade principal do solicitante, de forma ininterrumpida nos últimos dous anos, contados a partir da data de fin do prazo de presentación de solicitudes.
  • Proxectos Subvencionables

1.- POSTA EN MARCHA DE PROXECTOS DE EXPANSIÓN COMERCIAL
A apertura dun novo establecemento comercial por comerciantes retallistas titulares de establecementos comerciais situados na CCAA de Galicia que conten cun mínimo de dous anos de actividade comercial ininterrumpida.

O proxecto de expansión poderá basearse en:

  • Desenvolvemento do mesmo proxecto empresarial
  • Especialización ou diversificación de produtos
  • Especialización de servizos a cliente
  • Especialización de novas tendencias emerxentes de consumo

OBRIGACIÓN: Contratación de, como mínimo,  unha persoa, por un período mínimo de 1 ano, no prazo  de 6 meses contados a partir da data límite de xustificación da subvención 15 de setembro de 2018

2.- POSTA EN MARCHA DE PROXECTOS PILOTO POP UP PARA EXPANSIÓN COMERCIAL
Apertura, por un prazo máximo de 2 meses, dun novo establecemento comercial que deberá estar situado nun concello distinto a aquel en que o comerciante  veña desenvolvendo a súa actividade comercial e terá por obxecto analizar o novo mercado, sen que en ningún caso supoña apertura dun outlet ou teña por obxecto  o desenvolvemento de actividades de liquidación ou venda de saldos

  • Gastos Subvencionables

1.- POSTA EN MARCHA DE PROXECTOS DE EXPANSIÓN COMERCIAL

a) obras de acondicionamiento integral da superficie de exposición e venda do local comercial
b) Adquisición de mueblaje destinada a mellóraa da imaxe comercial e adquisición de equipamiento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda.
c) Actuacións de mellora da fachada exterior do local comercial e instalación de toldos, carteis, letreros e similares.
d) Custos de servizos profesionais de elaboración e redacción de proxectos.

Investimento Máximo: 60.000 €
Investimento mínimo: 10.000 €
Investimento máximo para o caso da sublínea d) : 3.000 €

2.- POSTA EN MARCHA DE PROXECTOS PILOTO POP UP PARA EXPANSIÓN COMERCIAL

a) Aluguer de local comercial (máximo 2 meses)
b) Acondicionamiento da superficie de exposición e venda do local comercial e mellora da imaxe da fachada do local comercial
c) Adquisición ou aluguer de mobles ou equipamiento especializado para a exposición do produto que sexa necesario para o desenvolvemento da actividade comercial e de uso exclusivo na superficie de exposición e venda. d) Transporte de mercancías. e) Publicidade e promoción de pop up
Investimento Máximo total: 8.000 €
Investimento máximo para o caso da sublínea a): 3.000 €
Investimento máximo para o caso da sublínea a): 1.000 €
Investimento máximo para o caso da sublínea a): 2.000 €

  • Prazo de Presentación de Solicitudes

        2 de abril de 2018.

A presentación realizarase obligatoriamente a través da sé electrónica, en caso de sociedades mercantiles.

  • Prazo de Realización da Actividade Subvencionable

Todos aqueles gastos realizados desde o 1 de xaneiro ata o 15 de setembro de 2018

  • Cuantía Subvencionable

  50 % de axuda sobre o investimento máximo subvencionable, para actuacións 1.

  50 % de axuda sobre o investimento máximo subvencionable, para actuacións 2. Co límite de 1.500 € para aluguer de local, 500 € para transporte de mercancías e de 1.000 € para publicidade e promoción.

  • Orzamento

    1.000.000 €.

  • Documentación

        Remítese achego bases reguladoras

Advertisements