CONVOCATORIA OFICIAL PARA ACREDITAR As COMPETENCIAS PROFESIONAIS A TRAVÉS DA EXPERIENCIA PROFESIONAL


O obxecto desta orde é realizar a convocatoria e establecer o procedemento para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación (código do procedemento: ED517B), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia ao amparo do Real decreto 1224/2009, de 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas pola experiencia laboral, mediante a acreditación de unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificaciones profesionais.

ORDE do 29 de decembro de 2017 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

Advertisement