Axudas á cooperación de pequenos operadores de turismo


Remítese información da convocatoria de AXUDAS Á COOPERACIÓN ENTRE PEQUENOS OPERADORES PARA ORGANIZAR PROCESOS DE TRABALLO CONXUNTO E COMPARTIR INSTLACIONES E RECURSOS, ASÍ COMO PARA O DESENVOLVEMENTO E A COMERCIALIZACIÓN DO TURISMO. DOG núm 22 de mércores 31 de xaneiro de 2018.

Recordámoslle que desde Asec Asesores tramitamos  e  xustificamos estas axudas. No caso de que estivese interesado quedamos á súa disposición para que nos consulte.

A continuación detállanse os puntos destacados da convocatoria:

  • Beneficiarios

  Empresas do sector turístico de Galicia que se agrupen para colaborar e que cumpran os seguintes requisitos:

    * Polo menos una elas, estea inscritas no rexistro de empresas turísticas,
* Que teñan a condición de microempresas (menos de 10 traballadores)
* Que sexan entidades privadas autónomas galegas situadas en ámbito rural de Galicia, (zonas que se atopen fose do perímetro urbano das Cidades: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela)
* Constituídas baixo calquera forma xurídica admisible,
* Con obxecto de practicar de forma efectiva a colaboración na súa actividade comercial.
As empresas que se agrupen non poderán estar vinculadas entre si

Será necesaria a colaboración entre dúas ou máis empresas e para o caso de comercialización de paquetes turísticos será preciso a intervención dunha axencia de viaxes como empresa agrupada que tamén deberá estar situada en ámbito rural

Todos estes requisitos deberanse cumprir antes de finalizado o prazo de presentación da solicitude.

  • Proxectos Subvencionables

Proxectos consistentes no deseño, creación e promoción de produtos turísticos de Galicia. As actividades deberán ser realizadas ou promovidas no ámbito rural de Galicia, é dicir, en zonas fóra dos núcleos da  Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela.

Os produtos turísticos deberán ter carácter innovador e poderán axustarse a algunha das seguintes temáticas:
A) Produtos cabecera de marca de Galicia: Camiño de Santiago, Bosques de Galicia, Manantiales de Galicia, Paseando entre viñedos, Turismo marinero, ruta das camelias, faros e praias salvaxes, patrimonio oculto, santuarios máxicos.
B) Produtos destinados á creación de oferta de turismo familiar
C) Produtos destinados á creación de oferta para turismo senior
D) Produtos destinados á xeración dunha oferta distintiva que se acomode ao concepto  “Que facer en Galicia cando chove”
E) Produtos innovadores e de descubrimentos de novos nichos de mercado
F) Creación de rutas turísticas innovadoras
G) Produtos construídos baixo a idea de cultura celta de Galicia
H) Produtos baseados na creación de fins de semana, pontes e outros períodos temporais de carácter temático           I) Produtos que se desenvolvan e valoricen turísticamente os núcleos históricos de Galicia

  • Gastos Subvencionables 
    • Gastos de deseño e creación de produtos turísticos, folletos, paquete turísticos e gastos de promoción, publicidade e difusión das actividades (material publicitario, merchandinsing, asistencia a feiras, encontros, publicidade en medios de comunicación tradicional, internet e revistas especializadas)
    • Viaxes de promoción e familiarización (gastos de xestión, aloxamentos, manutención, transportes, entrega de materiais promocionales, etc..)
    • Desenvolvemento das TIC na xestión, promoción e comercialización de oferta turística.
    • Material inventariable: (bicicletas, parques infantís, material deportivo, educativo, equipamiento de oficina, envases e packaging..)
    • Material fungible
    • Prestación de servizos por parte de monitores especializados para o desenvolvemento das actividades
    • Asistencias técnicas de apoio ao deseño, creación, promoción e comercialización de produtos turísticos.
  • Prazo de Presentación de Solicitudes

        28 de febreiro de 2018. A presentación será electrónica polo que é necesario DNI electrónico ou certificado digital

  • Prazo de ejecución e xustificación

      Desde a presentación da solicitude ata o 1 de outubro de 2018

  • Cuantía da axuda

    70 % do gasto elegible subvencionable ata un máximo de 30.000 € de axuda.

  • Orzamento

    666.667 €

  • Documentación

Remítese achego as bases reguladoras 

Concurrencia competitiva

Advertisement