AMPLIACIÓN DA REDUCIÓN DA COTA DA SEGURIDADE SOCIAL PARA A CONSOLIDACIÓN DO TRABALLO AUTÓNOMO


Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerán as axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que estean ou estivesen acollidas aos incentivos e medidas de fomento e promoción do traballo autónomo do parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, que establece que a cota por continxencias comúns, incluída a incapacidade temporal, das persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que causen alta inicial ou que non estivesen en situación de alta nos cinco anos inmediatamente anteriores, contados desde a data de efectos da alta, no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos, se reducirá á contía de 50 euros mensuais durante os 6 meses inmediatamente seguintes á data de efectos da alta, no caso de que opten por cotizar pola base mínima que lles corresponda.

Tipos de apoyo

1. Serán subvencionables as cotas que sexan obxecto de abono polas persoas traballadoras beneficiarias desta orde, durante un máximo de seis meses, correspondentes aos meses sétimo a décimo segundo seguintes á alta no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos na presente orde.

2. Para o cálculo da subvención tomarase como referencia a base mínima de cotización, establecida con carácter xeral na correspondente orde anual do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, vixente no mes no que se teña producido a alta da persoa traballadora autónoma e o tipo mínimo de cotización vixente no citado mes, incluída a incapacidade temporal. Por outra banda, teranse en conta as reducións e bonificacións aplicadas á cota, que se establecen no parágrafo terceiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo.

Beneficiarios potenciales

Seren, ou ter sido, beneficiarias das reducións previstas no parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo.

1. Rematar o goce das reducións indicadas no punto anterior durante o exercicio ao que se refire a convocatoria desta orde de subvencións.

2. Manter as condicións que lle deron dereito a gozar das devanditas reducións nas cotas da Seguridade Social, durante o período obxecto da subvención.

3. Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Administración do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, así como, coa Seguridade Social.

4. Realizar a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Plazo de presentación de solicitudes

1. O período para presentar a solicitude deberá estar comprendido entre o día da alta da persoa traballadora por conta propia ou autónoma e o último día do sétimo mes desde dita alta.

2. Non obstante, para cada exercicio orzamentario o prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia do crédito orzamentario correspondente a ese ano ata o 30 de setembro dese exercicio.

3. Para o presente exercicio 2017, o prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde e rematará o 30.9.2017

Advertisement