PROGRAMA EMPREGA XUVENTUDE DIRIXIDO A EMPRESAS DA INDUSTRIA 4.0 E A AGROALIMENTACIÓN


Programa de incentivos para fomentar á contratación xuvenil e atender as necesidades das empresas cara aos novos perfís profesionais, nos sectores vinculados á Industria 4.0 e ao sector agroalimentario.

Tipos de apoyo

Este programa incluirá dous tipos de axuda compatibles:

a) Bono de contratación: por medio desta liña proporcionarase unha subvención para a contratación laboral de mozos e mozas nas empresas de sectores e liñas de negocio empresarial vinculados á innovación tecnolóxica industrial ou no sector agroalimentario a que vai dirixida a presente orde.

b) Bono de formación: por medio desta liña de axudas económicas proporcionarase unha subvención ás empresas admitidas no programa que, ademais da contratación laboral de mozos e mozas nos sectores a que vai dirixida a presente orde, leven a cabo accións formativas a impartir nas súas instalacións polas cales as mozas e mozos participantes melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

Beneficiarios potenciales

As empresas que estean interesadas en colaborar con dita experiencia, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, nos sectores vinculados á Industria 4.0 e ao sector agroalimentario, que deben de contar con centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia e cumplan os seguintes requisitos:

– Contar cun mínimo de 5 persoas traballadoras na data da presentación da solicitude de participación na experiencia piloto.
– Unha estabilidade laboral que deberá ser dun mínimo dun 60% no mes anterior ao da solicitude

A conformidade de participación manifestarase no anexo I da solicitude.

Requisitos principales del proyecto

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións dunha duración mínima inicial de 12 meses realizadas desde o 26 de agosto de 2017 ata o 15 de decembro de 2017 e formalizadas con persoas desempregadas menores de 30 anos.

Cuantía de las ayudas

Para mellorar a súa cualificación, proporcionarase unha subvención de 2.000 euros as empresas participantes que formarán ás persoas traballadoras nas propias empresas polo que la formación se centrará mas características do posto para o que é contatado a persoa moza

Para incentivar á contratación haberá un segundo bono de 5.000 euros para a contratación laboral de mozos e mozas nas empresas de sectores e liñas de negocio empresarial vinculados á innovación tecnolóxica industrial ou no sector agroalimentario aos que va dirixida a presente orde.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación.

As solicitudes de participación neste programa piloto así como os bonos de contratación e formación deberán presentarse no prazo dun mes desde a data de formalización do contrato.

O prazo de presentación rematará o 15 de decembro 2017, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.

Advertisement