AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN – PROGRAMA IGNICIA


CsJnGI2WIAAFXDiO Programa Ignicia proba de concepto, que ten como finalidade poñer en valor e apoiar o desenvolvemento das aplicacións comerciais da investigación xerada polos centros de coñecemento, de acordo co previsto no artigo 31 da Lei galega 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e da innovación.

Constitúese, polo tanto, cos seguintes obxectivos:

a) Facilitar a transferencia de resultados de investigación desde organismos de investigación ao mercado.

b) Acelerar e aumentar os éxitos nos procesos de transferencia tecnolóxica.

c) Contribuír á rendabilización económica e social do investimento público en investigación.

d) Internacionalizar a función de transferencia na tecnoloxía.

e) Detectar cedo proxectos con potencial innovador e de mercado.

Beneficiarios potenciales

Poderán ser promotores de proxectos e participar na presente convocatoria os organismos de investigación e difusión de coñecementos (públicos e/ou privados sen ánimo de lucro) con centros radicados en Galicia.

Considéranse organismos de investigación e difusión de coñecementos, segundo a definición do artigo 2.83 do Regulamento (UE) nº 651/2014, toda entidade (por exemplo, universidades, fundacións de investigación, centros tecnolóxicos ou de investigación…), independentemente da súa personalidade xurídica ou forma de financiamento, cuxo principal obxectivo sexa realizar de xeito independente investigación fundamental, investigación industrial ou desenvolvemento experimental ou difundir amplamente os seus resultados mediante o ensino, a publicación ou a transferencia de coñecementos; cando unha entidade deste tipo leve a cabo tamén actividades económicas, o financiamento, os custos e os ingresos das ditas actividades deberán contabilizarse por separado.

Requisitos principales del proyecto

1. O programa apoiará aqueles proxectos que aborden probas ou actuacións posteriores á obtención do resultado de investigación que se pretende explotar e que permitan validar unha tecnoloxía en condicións reais ou case reais.

2. Os proxectos presentados deberán estar situados nun TRL4 ou superior.

O Programa Ignicia proba de concepto estrutúrase en tres fases:

a) Fase de maduración.
b) Fase de investimento.
c) Fase de seguimento.

a) Fase de maduración:

Nesta fase os proxectos de investigación presentados recibirán asesoramento e serán avaliados por expertos nacionais e internacionais, en cada fase de análise e avaliación recibirán información e recomendacións sobre o estado de madurez tecnolóxica do proxecto, o que permitirá o acceso daqueles finalmente seleccionados á fase de investimento.

b) Fase de investimento:

Nesta fase, os proxectos de investigación propostos polo Comité de Investimentos recibirán, por parte da Axencia Galega de Innovación e nos termos establecidos nesta convocatoria, apoio económico destinado á valorización comercial dos resultados da investigación, a través dunha atribución patrimonial onerosa, para a realización das seguintes tarefas:

• Validación industrial da tecnoloxía.
• Validación comercial e desenvolvemento de negocio.
• Calquera outra actividade orientada á transferencia ao mercado dos resultados de investigación.

c) Fase de seguimento:

Esta fase ten como finalidade o seguimento dos investimentos aprobados, a comprobación do cumprimento dos seus fitos e a proposta de modificacións ou o inicio, de ser o caso, do correspondente expediente de recuperación dos investimentos.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será o seguinte:

a) Solicitudes de acceso ao Programa Ignicia proba de concepto (maduración+investimento):

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

b) Solicitudes de acceso exclusivamente á fase de investimento:

Só para aqueles proxectos que participasen con anterioridade noutros programas de desenvolvemento precomercial dos resultados de investigación ou similares, ou ben, aqueles proxectos que presenten un grao de evolución e de maduración que lles posibilite solicitar o acceso exclusivamente á fase de investimento, o prazo para a presentación das solicitudes a esta fase estará aberto ata o 10 de setembro de 2018.

Referencia legislativa

Resolución do 12 de agosto de 2016 (DOG Nº166 do 02/09/2016) – Bases reguladoras e convocatoria

Advertisement