ACCIÓNS DE PROMOCIÓN EXTERIOR DAS EMPRESAS GALEGAS (GALICIA EXPORTA EMPRESAS 2017)


igape (1)Co obxectivo de incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais, o Igape, poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de actuacións:

a) Actuacións de difusión
b) Actuacións de promoción
c) Prospección en mercados internacionais: Axendas de reunións que ser executen dentro do prazo de execución, desenvolmento de clientes no estranxeiro e/ou seguimento de contactos iniciais ou clientes anteriores no estranxeiro para a consolidación do negocio.

Tipos de apoio

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva. Estas axudas incardínanse no réxime de axudas de minimis.

Beneficiarios potenciais

Poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que cumpran a definición de peme, incluídas as pemes con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos.

b) Que teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que estean dadas de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización con informe positivo a partir do 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados de Igape de apoio á internacionalización, deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.

d) Que teñan na data de solicitude e ata a data de xustificación da axuda destas bases algún empregado por conta allea en Galicia que se deberá acreditar na xustificación.

e) Os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e non ser considerados empresas en crise. Tamén deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.

Requisitos principais do proxecto

O Igape poderá conceder subvencións a fondo perdido aos seguintes tipos de actuacións:

a) Actuacións de difusión:

1º Campañas de publicidade en prensa, revistas, televisión, ou outros medios, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro

2º Plataforma de promoción online para mercados estranxeiros.

3º Plan de marketing internacional dixital: implementación de e-commerce para mercados internacionais, campañas de promoción on line, accións de publicidade dixital, posicionamento internacional en redes sociais, accións para o posicionamento en buscadores.

b) Actuacións de promoción:

1º Participación en feiras, desfiles, certames e outros eventos expositivos ou promocionais organizados por terceiros fóra de España. E participación en feiras, desfiles, certames e outros eventos expositivos organizados por terceiros fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que estean incluídos no calendario de feiras comerciais internacionais publicado pola Secretaría de Estado de Comercio de España para o ano 2016 ou 2017 no Boletín Oficial do Estado (independentemente da data de celebración do evento para o que se solicita a axuda). Non son subvencionables as visitas a este tipo de eventos, para ser unha actuación subvencionable tense que acreditar a participación do beneficiario como expositor destes eventos.

2º Elaboración de material promocional como catálogos, contidos audiovisuais, folletos e similares, en calquera soporte, e que contribúan á divulgación e coñecemento no estranxeiro da empresa ou os seus produtos e servizos (só se concederá axuda para este tipo de actuación no caso de que se conceda axuda para unha actuación de promoción do tipo das anteriores).

c) Prospección novos mercados: Axendas de reunións que se executen dentro do prazo de execución, desenvolmento de clientes no estranxeiro e/ou seguimento de contactos iniciais ou clientes anteriores no estranxeiro para a consolidación do negocio.

Só se poderá presentar e aprobar unha solicitude por beneficiario, na que se poderán incluír varias actuacións das mencionadas nas letras a) a c).

Non se concederá axuda a aquelas solicitudes que, unha vez avaliadas, presenten un gasto subvencionable total inferior a 4.000 euros.

Investimentos ou gastos computables

Para os efectos de cálculo da subvención a fondo perdido poderán ser subvencionables os conceptos seguintes:

a) Nas actuacións de difusión, previstas na letra a) do artigo 1.1. O límite máximo de gasto subvencionable por todos estes conceptos subvencionables é de 10.000€ por solicitude de axuda.

1º Gastos de inserción nos medios de comunicación.
2º Cotas de participación en plataformas de promoción online.
3º Gastos de servizos para plan de marketing dixital, non será subvencionable o mero deseño do plan se non se executa polo menos parte do mesmo dentro do plazo final de execución da axuda.
4º Gastos de deseño, creación e/ou aloxamento de aplicación soporte de comercio electrónico. Non serán subvencionables os gastos de mantemento. Non será subvencionable este concepto de gasto para empresas que xa obtivesen axuda para este concepto de gasto en convocatorias anteriores destas bases. Non serán subvencionables estes gastos no caso de que xa dispuxera dunha aplicación deste tipo antes da solicitude de axuda ou se non xustifica a implementación do deseño, creación ou aloxamento dentro do prazo final de execución da axuda.

b) Nas actuacións de promoción, previstas na letra b) do artigo 1.1, o límite máximo de gasto subvencionable por todos estes conceptos subvencionables é de 24.000€ por cada evento no que se participe como expositor para o que se conceda a axuda ou se liquide a axuda.

1º Gastos de viaxe dunha persoa por empresa solicitante á cidade de celebración do evento dende unha cidade de España. Por motivos empresariais admitirase que se viaxe ou regrese dende outro país distinto de España, nese caso só se subvencionará o hotel do país no que se celebra a acción.
Son subvencionados gastos de viaxe correspondentes a avión, tren e/ou autobús, taxas e seguros de viaxe. Límites destes gastos limitados no anexo IV.

2º Aloxamento dunha persoa por empresa (en réxime de aloxamento e almorzo). Só se subvencionarán pernoctas comprendidas entre as datas das accións cun máximo de 5 pernoctas cos límite indicados no anexo IV. No caso de accións en máis de un país engadirase un máximo de dúas pernoctas máis subvencionadas por país, cun máximo total de 10 pernoctas.

3º Gastos de: aluguer de espazos e servizos relacionados co dito aluguer; aluguer ou construción de stand; aluguer de mobiliario ou outra decoración e servizos inherentes a participación no evento como expositor facturados polo organizador.

4º Gastos de servizos de:

I. Intérpretes, modelos, azafatas, ou outro persoal de apoio.
II. Envío de material promocional e mostras (unicamente mostras sen valor comercial).
III. Deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión do material promocional.

c) Nas actuacións de prospección de novos mercados, previstas na letra c) do artigo 1.1. O límite máximo de gasto subvencionable por todos estes conceptos é de 5.000€. Gastos de servizos para a realización de axendas, desenvolvemento de clientes no estranxeiro, e/ou seguimento de contactos iniciais. Excepto para servizos ofertados pola rede Pexga. Non será subvencioable a mera realización de axendas se non se executa coas reunións correspondentes dentro do prazo final de execución da axuda

Quedan expresamente excluídos do ámbito de aplicación destas bases os seguintes conceptos:

a) Os custos de mailings, convites, regalos promocionais e os relativos á realización de cócteles e actos análogos.
b) Imposto sobre o valor engadido (IVE) a non ser que se acredite que non é recuperable.
c) Aqueles gastos que resulten de carácter xeralista ou non estean expresamente referidos á actuación concreta que se propón para a subvención.
d) Folletos e outro material que non estea dirixido estritamente a fins promocionais.
e) Produtos de merchandising e outros regalos promocionais.
f) Aqueles outros que non estean directamente vinculados coa realización da actuación subvencionable.

Os gastos e investimentos subvencionables serán os realizados dentro do prazo de execución e, facturados e efectivamente pagados entre o día da presentación da solicitude de axuda e o derradeiro día do prazo de execución de cada anualidade. O prazo de execución iniciarase na data establecida na resolución de convocatoria (polo que a solicitude de axuda poderá incluír accións que se leven a cabo a partir desa data) e rematará na data establecida na resolución de concesión de axuda, sen que nunca poida exceder do prazo máximo de execución indicado na resolución de convocatoria.

Tamén serán subvencionables os gastos efectuados e pagados dende o 1 de xullo de 2016 esixidos en concepto de reserva para accións realizadas no exercicio 2017.

Contía das axudas

Intensidade da axuda sobre os gastos subvencionables: 70%.

Para as actuacións incluídas nesta convocatoria a subvención máxima será de 70.000 euros por solicitude e beneficiario (gasto subvencionable máximo de 100.000 euros).

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 10 de marzo de 2017 rematará o 9 de maio de 2017.

Incompatibilidades

Estas axudas son compatibles con calquera outra subvención pública para o mesmo plan de internacionalización, sempre que se subvencionen conceptos de gasto diferentes, ata o 100% do gasto subvencionable.

Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que de recibir o beneficiario outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector transporte de mercadorías por estrada este límite redúcese a 100.000 euros. Para as empresas do sector da pesca as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 30.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais. Para as empresas do sector agrícola o límite de minimis redúcese a 15.000 euros durante calquera período de tres exercicios

A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa do proxecto realizado.

Referencia lexislativa

Resolución do 2 de marzo de 2017 (DOG Nº 48 do 09/03/2017) – Bases reguladoras e convocatoria 2016

 

Advertisements