NOVAS AXUDAS DE EXPORTACIÓN A PEMES


descargaAo redor de 700 pemes poderán beneficiarse ao longo de 2017 dos programas de iniciación á exportación que desenvolve a Cámara de Comercio de España. Estes son Xpande e Xpande Digital e teñen como propósito facilitar a saída ao exterior das empresas.

As dúas iniciativas están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Así mesmo, manteñen o obxectivo de conseguir que un maior número de negocios españois comecen a vender no exterior de xeito regular.

En concreto, no programa Xpande os técnicos das cámaras de comercio ofrecen ás empresas asesoramento individualizado e a medida para elaborar un plan de exportación. Ademais, facilitan as ferramentas necesarias para consolidarse no mercado obxectivo elixido.

Este diagnóstico personalizado se articula en torno a catro módulos: selección de mercados, acceso ao mercado, comunicación e marketing e módulo económico-financeiro. Na segunda fase do programa poñerase en marcha o proceso de internacionalización, con subvencións de ata un 80% para investimentos máximos de 9.000 euros.

Pola súa banda, o programa Xpande Digital diríxese a pemes que desexen fomentar e potenciar o marketing dixital como ferramenta básica para mellorar a súa posicionamiento en mercados internacionais. Nunha primeira fase, realízase unha análise pormenorizada da empresa co obxecto de desenvolver un informe de recomendacions. Na segunda, lévase a cabo a implantación do plan con subvencións de ata un 80% para investimentos máximos de 4.000 euros.

O perfil das empresas que se acolleron a este programa responde a pemes de entre 0 e 9 traballadores, que facturan menos de 500.000 euros. Por sectores, destacan as empresas agroalimentarias, seguidas das industriais, bens de consumo e servizos. En canto aos mercados aos que se dirixiron, máis do 50% son europeos.
Advertisements