AUMENTA O NÚMERO DE MULLERES EMPRENDEDORAS MAIORES DE 40 ANOS


Mujer-emprendedora.jpgO número de mulleres emprendedoras con idades comprendidas entre os 40 e os 55 anos creceu nun 5% nos últimos tres anos, fronte ao colectivo de autónomos masculinos que, nesa franxa de idade, aumentou só nun 2%. Así se desprende do Anuario 2016 sobre o Traballo Autónomo Feminino, elaborado pola Asociación Nacional de Mulleres Autónomas e Emprendedoras (Anmeya) e financiado polo Ministerio de Emprego.

Segundo publica a Axencia EFE, o Anuario constata que a idade máis frecuente para decidir dar o paso como traballadora autónoma atópase a partir dos 40 anos e, de feito, máis do 40% das traballadoras autónomas que hai en España ten esa idade. Esa porcentaxe é ata superior nas Comunidades Autónomas de Galicia e Asturias.

Con todo, a porcentaxe de emprendedoras menores de 39 anos decreceu nos últimos anos e o descenso é especialmente significativo entre as mulleres que teñen menos de 25 anos. Segundo o Anuario, as mulleres máis novas abandonan antes os seus proxectos empresariais “quizais porque atopan emprego ou porque non logran levar a cabo os seus negocios por falta de práctica empresarial ou por falta de coñecementos”.

Respecto de as autónomas estranxeiras, en 2016 houbo un descenso no número de inmigrantes emprendedoras sudamericanas, fronte ao aumento que rexistrou o número de autónomas procedentes doutras nacionalidades.

mujeres4_x2x_crop1467228646450.jpg_1913337537.jpgPor actividades, a maior taxa de crecemento do emprendimiento feminino atópase no sector servizos, no que a porcentaxe de afiliación aumentou nun 2,7% fronte ao 1% de afiliación masculina. No outro extremo sitúase a agricultura, sector no que a afiliación feminina descendeu nun 4,2%, mentres que no colectivo masculino só baixou nun 0,1%.

En cifras globais, o total de afiliados autónomos á Seguridade Social é de 1.974.881, un 1,5% máis que o total contabilizado a finais de 2014. Dese total, o colectivo de mulleres autónomas supón un aumento do 2% nos últimos tres anos, mentres que o número de afiliados masculinos só aumentou nun 1,2%.

Advertisements