Axudas complementarias do programa comunitario de mobilidade de estudantes Erasmus +.


estudantessO obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar, en réxime de concorrencia competitiva, axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en Erasmus Estudos durante o curso 2016/17.

Beneficiarios:

Poderán solicitar estas axudas os alumnos universitarios que cumpran os seguintes requisitos:

Requisitos:

a) Ser cidadán/á da Unión Europea ou estranxeiro/a non comunitario/a con residencia legalizada no Estado español.

b) Estar matriculado/a no curso 2016/17 en calquera das universidades públicas do Sistema universitario de Galicia, para realizar estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica.

c) Participar no programa de mobilidade universitaria con fins de estudos con autorización da universidade de orixe e ser beneficiario/a da axuda do programa Erasmus+ xestionada polo Servizo Español para a Internacionalización da Educación.

d) Non ter gozado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.

2. Queda excluído desta convocatoria o alumnado que, con nacionalidade distinta á española, realice a mobilidade nos seus países de orixe.

Advertisements