PROGRMA DE AXUDAS ECONÓMICAS A TRAVÉS DA TARXETA BENVIDA


ayudas-maternidad-2014Esta orde ten por obxecto establecer as bases polas que se rexerá a concesión dunha axuda económica para as familias que no ano 2017 teñan un/unha fillo/a, adopten ou estean en situación de garda con fins adoptivos dun neno ou nena menor dun ano e proceder á súa convocatoria.

Esta axuda farase efectiva a través da tarxeta Benvida, a cal só poderá ser utilizada en farmacias, parafarmacias, supermercados, tendas de alimentación e establecementos de puericultura ou especializados en artigos e produtos para a infancia.

Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarias desta axuda aquelas persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que teñan fillas ou fillos, tanto por natureza como por adopción, nados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2017.

Requisitos:

1. Serán requisitos necesarios para a concesión desta axuda:

a) Que a persoa proxenitora solicitante teña a súa residencia habitual en Galicia. No caso de que da documentación presentada se poida deducir que isto non é así, poderáselles requirir para que presenten a documentación complementaria que o demostre.

b) Que a renda per cápita da unidade familiar, sumadas a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro, da declaración do imposto da renda das persoas físicas (en diante, IRPF) do ano 2015 non supere os 45.000 euros. No suposto de que esta contía sexa superior, a renda per cápita, entendida como a suma das bases impoñibles xeral e do aforro dividida polo número de membros da unidade familiar, non deberá superar os 13.500 euros.

Nos casos en que non se teña realizado a declaración do IRPF do ano 2015, os ingresos serán os que resulten dos datos que figuren en poder da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), de conformidade co disposto no artigo 8.1 desta orde, aos cales se lles restarán os gastos deducibles.

Entenderase por unidade familiar a formada pola/s persoa/s proxenitora/s e mais:

1º. As fillas e os fillos menores, agás que, con consentimento do/a pai/nai, vivan de xeito independente.

2º. As fillas e os fillos maiores de idade con incapacitación xudicial e patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

3º. As fillas e os fillos maiores de dezaoito anos cun grao de discapacidade superior ao 33 %.

4º. As menores e os menores en situación de garda con fins adoptivos.

No suposto de non convivencia das dúas persoas proxenitoras se unha delas asume en solitario o sustento da unidade familiar (familias monoparentais segundo o disposto no artigo 13 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia), a renda da que non contribúe non será computada sempre que se acredite documentalmente a dita circunstancia.

-Ademais, as persoas beneficiarias teñen que cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

-Todos os requisitos recollidos neste artigo deberán reunirse no momento de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Advertisement