AXUDA PARA A EXECUCIÓN DE MEDIDAS DE PROMOCIÓN DO SECTOR VITIVINÍCOLA EN MERCADOS DE TERCEIROS PAISES


1423766598_605705_1423767279_noticia_normalEsta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e realizar a convocatoria para o ano 2017.

Beneficiarios:

Poderán presentar solicitudes para acollerse ao financiamento das medidas de promoción en terceiros países as seguintes figuras xurídicas con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que non incorran nalgunha das prohibicións do artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e do artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

a) Empresas vinícolas, considerando como tales as persoas físicas ou xurídicas privadas que operen principalmente na produción e/ou comercialización dos produtos do sector do viño mencionados no anexo IV desta orde.

b) As organizacións de produtores, asociacións de organizacións de produtores e organizacións interprofesionais definidas nos artigos 152, 156 e 157 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, recoñecidas polo Estado membro así como as organizacións profesionais e os grupos definidos no artigo 3, número 2, do Regulamento (UE) nº 1151/2012 do Parlamento Europeo e do Consello, sobre os réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios, e as asociacións temporais ou permanentes de dous ou máis produtores que teñan entre os seus fins o desenvolvemento de iniciativas en materia de promoción e comercialización do viño.

c) Así mesmo, e no caso de existir suficiente dispoñibilidade de orzamento, tras a aprobación dos programas correspondentes aos tipos de beneficiarios antes indicados, poderán considerarse tamén beneficiarios os organismos públicos con competencia legalmente establecida para desenvolver actuacións de promoción de viños españois en mercados en terceiros países.

Non obstante, conforme o disposto no número 2 do artigo 8 do Real decreto 597/2016, non serán admisibles as solicitudes de axuda de organismos públicos de ámbito nacional, que en todo caso deberán ser presentadas ante o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

Requisitos:

Os beneficiarios deberán demostrar que teñen acceso á suficiente capacidade técnica para afrontar as exixencias de comercio cos terceiros países, e que contan cos recursos suficientes para asegurar que a medida se implementa o máis eficazmente posible. Deberán, así mesmo, garantir a dispoñibilidade, en cantidade e calidade, de produtos para asegurar a resposta a longo prazo fronte ás demandas que se poidan xerar como efecto da promoción realizada unha vez concluída.

Advertisements