A ADMINISTRACIÓN LOCAL DISPARA OS SEUS PERIODOS DE PAGO


descargaO periodo de pago a proveedores por parte das corporacións locais disparouse ata os 107 días, segundo o último Boletín de Morosidade elaborado por Cepyme. Esta organización adianta que o periodo de pago medio a nivel local é de 107 días, situándose 77 días por encima do máximo legal.

A nivel territorial, Castilla e León situouse como a comunidade autónoma que presenta menores periodos de pago inter empresariais. Nesta rexión o prazo medio é de 70,7 días. Pola contra, Estremadura, con 94,2 días, consolidouse como o territorio que rexistra un maior periodo medio de pago das súas facturas.

No que respecta aos diferentes sectores da economía, do documento de Cepyme despréndese que a siderometalurgia e a construción e promoción experimentaron os maiores descensos do periodo medio de cobro. En concreto, este indicador reduciuse en 1,4 e 1,3 días, respectivamente. Pola súa banda, o sector textil é o que acumulou maiores atrasos, con periodos de pago de máis de 33 días por encima do máximo legal.

Outro dato relevante do estudo elaborado por Cepyme ten que ver co diferencial entre o periodo medio de pago de medianas empresas e micro-empresas. Así, este indicador acurtouse, como vén sucedendo nas últimas análises, situándose nun periodo medio de 7,8 días.

Para rematar, tamén destacan as cifras relacionadas co stock de crédito destinado ás empresas analizadas, pois este reduciuse nun 7,4% en relación ao terceiro trimestre de 2015. Este arrastre, a xuízo de Cepyme, é consecuencia da produto da pronunciada contracción do financiamento dirixido aos sectores da construción e da promoción, que entre xullo e setembro de 2016 reduciuse nun 9,6%.
Advertisements