Subvencións para clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia


A presente resolución ten por obxecto convocar as subvencións para clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas.

As subvencións concedidas outorgaranse polo procedemento de concorrencia non competitiva, conforme o disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarios das subvencións os clubs deportivos, as sociedades anónimas deportivas e as agrupacións deportivas escolares de Galicia, inscritos, en todos os casos, no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas da Secretaría Xeral para o Deporte.

Requisitos:

1. De igual forma, para ser beneficiario destas axudas, é necesario que a entidade estea dada de alta como xestor externo nas seguintes aplicacións tecnolóxicas de «promoción dunha vida activa e saudable» vinculadas co plan Galicia Saudable da Xunta de Galicia:
– Galicia Activa: aplicación de recursos, servizos e instalacións deportivas en Galicia (http://galiciactiva.xunta.es/xestor.php).
– Plataforma de xestión de plans, programas, actividades e eventos de Galicia Saudable (https://galiciasaudable.xunta.es/actividades/).

2. Non poderán obter a condición de beneficiarios destas subvencións os clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia en que concorra algunha das circunstancias sinaladas nos puntos 2º e 3º do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. As entidades solicitantes deberán ter adaptados os seus estatutos conforme a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia e teñen como prazo límite o momento da xustificación da subvención concedida.

Normativa:

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se convocan subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas.

En cumprimento do disposto na Resolución do 22 de agosto de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e agrupacións deportivas escolares de Galicia, para o desenvolvemento de actividades deportivas (DOG núm. 163, do 30 de agosto), procédese á convocatoria das ditas subvencións para o ano 2017.

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2016, da Secretaría Xeral para o Deporte

Forma presentación

Tramitación en liña

Iniciar presentación electrónica na sede

Lembre que para completar a presentación deste procedemento poderá ser necesario engadir os anexos dispoñibles na sección “Anexos asociados”, debidamente asinados.

Presencial

Datos solicitude

Prazo de presentación : 15/12/2016 – 16/01/2017.

Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Prazo de resolución : Cinco meses

Sentido do silencio administrativo : Negativo

Documentación

  • As solicitudes, conforme o modelo normalizado que se inclúe como anexo I desta resolución, dirixiranse aos servizos provinciais de Deportes da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

    Deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidas pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365). Alternativamente, tamén se poderán presentar en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • Xunto coa solicitude, as entidades solicitantes deberán presentar as fotocopias do NIF da entidade (só no caso de denegar expresamente a súa consulta) e do DNI do seu representante (só no caso de non autorizar a súa consulta), declaración de conxunto de todas as solicitudes de subvencións efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade ante as administracións públicas competentes ou outros entes públicos ou privados incluída no impreso de solicitude e, no caso das sociedades anónimas deportivas, declaración de axudas, amparadas pola cláusula de minimis, obtidas ou solicitadas durante os últimos dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso, en calquera outra Administración, organismo ou ente público ou privado, tamén incluída no impreso de solicitude.

    Se é o caso, nos clubs deportivos e sociedades anónimas deportivas, certificación acreditativa da realización da actividade denominada «Coñece o meu club» (programa Xogade), expedida polo secretario do centro educativo onde se desenvolveu, así como a declaración de adhesión ao manifesto pola igualdade no deporte (anexo II) e a certificación de se a entidade ten algunha muller nalgún dos cargos directivos obxecto de valoración recollidos nas bases reguladoras das subvencións (anexo III).

  • A documentación complementaria poderá presentarse por vía electrónica utilizando calquera procedemento de copia dixital do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitais presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

    A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

    As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

    Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

  • As fotocopias achegadas deben estar compulsadas ou debidamente cotexadas por un funcionario da Xunta de Galicia ou un funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional.
  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados por vía electrónica accedendo á «Carpeta do cidadán» da persoa interesada ou de xeito presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
  • No prazo de presentación de solicitudes, se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.
Advertisements