AS NEGATIVAS CONSECUENCIAS PARA O AUTÓNOMO TRALA SUBIDA DO SMI


pensionA subida do Salario Mínimo Interprofesional xera uns sobrecustos imprevistos para os traballadores autónomos. Os societarios e os que teñen empregados ao seu cargo os máis afectados.

A subida do Salario Mínimo Interprofesional (SMI) ten unha lectura negativa para algúns colectivos. Os traballadores autónomos van notar un impacto importante e negativo nas súas contas, derivado da subida do 8% aplicada ao mínimo salarial. Segundo unha serie de estimacións realizadas pola Federación Nacional de Asociacións de Traballadores Autónomos (ATA) existen certas circunstancias concretas onde os custos subirán considerablemente, e dun ano para outro, o cal pillou co pé cambiado a unha gran parte do colectivo de traballadores por conta propia.

1. Custo salarial por empregados. A subida do salario mínimo nun 8% supón un incremento de 1.000 euros por emprego e ano para cada empregado que teña un autónomo, a partir de 2017. Sen dúbida, é un incremento considerable ao que os autónomos terán que facer fronte con apenas un mes de previsión, o que lles impedirá calcular e reaccionar en tempo e forma a este sobrecusto.

2. No caso dos autónomos societarios, a subida do 8% aplicarase de forma directamente proporcional á súa base mínima de cotización, pois utilizan as mesmas referencias para as súas bases mínimas. Deste xeito, o autónomo societario e aqueles con máis de dez traballadores, verán incrementados a súa cota de autónomos en máis de 300 euros ao ano.

3. Reunión con carácter de urxencia para evitar subidas da base mínima similares para o resto de autónomos. A raíz dos datos presentados, desde ATA temen unha subida similar (dun 8%) na base mínima de cotización para calquera autónomo. Este sería un incremento moi elevado, si temos en conta que, en anos anteriores, a subida do SMI foi dun 1% e, en consecuencia, a cota mínima dos traballadores autónomos (a maioría cotiza neste nivel) tamén se elevaba nesa medida. É dicir, si continúa esta tendencia, en 2017 a cota mínima en autónomo subiría un 8% cuestión que desde ATA, pretenden evitar.

Advertisements