OITO COMUNIDADES PERDEN AUTÓNOMOS


AUTONOMOS 2Galicia a segunda comunidade que máis Autonomos perde, 1525 nos últimos 12 meses

Oito Comunidades Autónomas perderon cotizantes ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA). Dentro deste grupo, seis rexións romperon a tendencia dos dous últimos anos, cando segundo ATA rexistraron subidas neste indicador. Estas son Aragón, Galicia, País Vasco, Cantabria, Estremadura e A Rioja.

Contrariamente, o balance do colectivo dos autónomos é positivo a nivel nacional, pois entre novembro de 2015 e novembro de 2016 esta cifra aumentou en 27.706 novos cotizantes. O cambio supuxo unha subida media do 0,9%.

A comunidade de Castela e León foi a máis afectada, cunha perda no último ano de 1.682 autónomos. Asturias experimentou un descenso de 481 integrantes deste colectivo e Cantabria, de 190. Pola súa banda, en Aragón houbo unha caída de 500 autónomos, e no País Vasco, de 768. A Rioja perdeu 69 autónomos e Galicia, 1.525.

No resto de comunidades, que si experimentaron subidas, os datos positivos se ralentizaron. En concreto, o crecemento dos autónomos nos últimos doce meses é a metade que o experimentado en 2015 e unha terceira parte do que sucedeu en 2014.

Por rexións, Navarra foi a única das comunidades que se sitúan en positivo que rexistrou un crecemento de autónomos lixeiramente superior ao do ano pasado. Esta subida foi do 1,2% no último ano, fronte ao 1% de 2015.

Os maiores crecementos de autónomos no último ano son os rexistrados en Canarias, cunha suba do 2,4%; Illas Baleares, onde os autónomos subiron no último ano un 2%; e Andalucía e a Comunidade de Madrid, ambas cun aumento do 1,9%.
Advertisement