OS AUTÓNOMOS TEMEN UNHA SUBIDA DO 8% NA SÚA COTA


En anos anteriores, esta base de cotización modificábase na mesma medida que o facía o Salario Mínimo Interprofesional. Os autónomos piden unha reunión de urxencia co Ministerio de Emprego para tratar o asunto.

Durante os últimos anos, a Base Mínima de Cotización dos traballadores autónomos (na que cotizan a maioría deles), modificouse na mesma medida que o facía o Salario Mínimo Interprofesional.  Así ocorreu por exemplo no ano 2015, onde o Goberno aprobou unha subida da cota mínima a pagar por un autónomo dun 1%.

Co anuncio da subida do Salario Mínimo Interprofesional nun 8%, as Asociacións que representan ao colectivo dos autónomos puxéronse ao choio, e solicitaron unha reunión urxente co Ministerio de Emprego, coa intención de limitar, na medida do posible, un incremento do 8% no que paga cada autónomo mensualmente. Segundo explica a Federación de Asociacións do Traballo Autónomo (ATA) nun comunicado, “ATA non aceptará unha subida das bases mínimas superior ao 3%, igual á subida da base máxima, moi lonxe da proposta de incrementalas nun 8% realizada polo Goberno”.

Esta reunión producirase en virtude do establecido na disposición adicional decimosexta do Real Decreto 8/2015 sobre a consulta ás organizacións de autónomos nesta materia.

O Salario Mínimo, un problema para o autónomo

As Asociacións de autónomos pretenden con esta reunión limitar un impacto que sería tan só unha máis das negativas consecuencias que está tendo este feito para os traballadores autónomos.

Segundo informan desde a propia ATA, a base mínima de cotización dos autónomos societarios e os que teñan máis de dez traballadores crecerá no mencionado 8%, de maneira que os custos anuais na súa cota incrementaranse en torno aos 300 euros.

Doutra banda, dita subida ten unha repercusión directa nos custos salariales a soportar por empregado. A subida é comprendida polo colectivo, con todo preferise unha maior previsión, para amoldarse ao incremento de 1.000 euros anuais por empregado ao que terán que facer fronte en 2017.
Advertisements