Desexando emprender? Estas aplicacións axudaranche


Emprender é todo un reto e máis aínda na actual situación económica. Por iso, unha axudiña nunca vén mal e si podes tela tan a man como o teu móbil mellor que mellor. Hoxe traémosche aplicacións que che motiven, que che axuden nos teus desbloqueos e permítanche centrar as túas ideas ¡Que as desfrutes!
Simple Mind. Dispoñible para iOS e Android, trátase dun práctico organizador de ideas. A través desta aplicación poderás apuntar as túas mellores propostas ou crear mapas mentais. Simple Mind é gratuita, aínda que tamén é posible descargar unha versión de pago (permite compartir os teus esquemas).

Team Viewer. Esta xenial aplicación é ideal para os máis despistados, ou para aqueles que viaxan moito e prefiren facelo lixeiros de equipaxe que ofrece? Con ela podes acceder a todos os teus dispositivos de xeito remoto e poder así descargar ou ver os teus arquivos. É fácil de usar, gratuita e incorpora un sistema de chat e vídeo moi útil si queres conectarche coa túa empresa nunha das túas viaxes. Está dispoñible para dispositivos Android, iOS e Windows (tanto para dispositivos como para ordenadores).

Asana. Só para iOS, permíteche organizar as túas tarefas e xestionalas, podes compartilas con máis membros do teu equipo e desta forma revisar o grao de avance que presenta cada tarefa ou cales xa están listas, a súa versión gratuita permite compartir proxectos con 30 persoas, así que polo menos para probala seguro que tes suficiente.

CamScanner. Esta aplicación é moi sinxela, permíteche escanear desde o móbil os teus documentos en papel e logo envialos ou subilos á nube. Dispoñible para Android e iOS e tamén é gratuita.

Nominazer. Si o que necesitas é un nome para a túa empresa ou para un proxecto non desesperes. Esta aplicación é só para iOS e o seu prezo é de 0,99 ?. Serve para mesturar mediante un algoritmo vocales e consonantes e deste xeito aconséllache nomes sonoros para a túa empresa, ao mesmo tempo, comproba si o dominio web está libre; práctica non?

Xa o sabes, si atascas é porque queres, internet está cheo de axudas que fan a túa tarefa como emprendedor moito máis sinxela.

Advertisements