CURSO EN CAMBADOS DE GOOGLE ANALYTICS: INICIACIÓN Á ANALÍTICA WEB


Data Inicio:  02/12/2016 19:00
Data Fin:  02/12/2016 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Cambados
Tipo de Solución:  Intelixencia de Negocio (BI)

Obxectivo:

Neste obradoiro trataremos de iniciar a autónomos, pequenos empresarios e emprendedores na análise dos resultados que obtemos nos nosos sitios web, unha ferramenta de negocio que nos axuda a entender o comportamento das persoas usuarias para que poidamos mellorar a súa experiencia. Desta forma seremos máis atractivos e obteremos máis visitas e de mellor calidade, o que nos axudará a obter máis e mellores vendas.

Contidos:
• Introdución, metodoloxía e importancia da analítica web
• Como funciona Google Analytics?
• Creación dunha conta
• Creación e instalación do código de seguimento
• Conceptos e métricas básicas
• Informes estándar ¡Mans á obra!

Relator:

José Luis Taboada. Inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.

Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Advertisement