Solicitudes de nacionalidade por residencia


As Xestorías galegas axilizan as solicitudes de nacionalidade por residencia

Tras adherirse Asec Asesores ao convenio subscrito entre o Consello Xeral de Colexios de Xestores Administrativos e o Ministerio de Xustiza

O Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia poderá axilizar as solicitudes de nacionalidade por residencia e facilitar á cidadanía os servizos de información, asistencia e consulta sobre o procedemento, tras adherirse ao protocolo de colaboración subscrito entre o Consello Xeral de Colexios de Xestores Administrativos de España e o Ministerio de Xustiza.

O acordo responde ao proceso de modernización, simplificación, racionalización e optimización dos procedementos, que está levando a cabo a Administración, e ao papel de colaborador social do Colexio de Xestores Administrativos de Galicia.
Este acordo permite aos xestores administrativos galegos a posibilidade de presentar, arquivar e tramitar toda a documentación, de acordo á normativa vixente, ostentando a representación dos cidadáns en cuxo nome presenten os documentos.

Medios telemáticos 

A vía de solicitude da nacionalidade por residencia a través dun xestor administrativo de xeito voluntario xa existía con anterioridade, pero agora incorpora a posibilidade de presentar a solicitude na súa modalidade informatizada. Con esta firma, os Xestores Administrativos convértense no primeiro colectivo profesional en subscribir o protocolo de colaboración co Ministerio de Xustiza, un acordo que, entre outras moitas cuestións, contempla o desenvolvemento de ferramentas dixitais e plataformas, que posibilitarán a xestión e tramitación destes expedientes de solicitude de nacionalidade por residencia, de xeito telemática e centralizada, desde as propias Xestorías Administrativas e despachos profesionais e grazas ás súas propias aplicacións informáticas.

Aliviar a dixitalización de expedientes

Coa súa entrada en vigor avanzarase na  modernización e axilización de procedementos administrativos, ademais de aliviar a dixitalización de expedientes e presentación de solicitudes que xestiona o propio Ministerio. Actualmente o 65% das solicitudes de nacionalidade por residencia presentadas por vía telemática realízanse a través de representantes do interesado, entre os que están xa os xestores administrativos.

Advertisements