ELABORACIÓN DE PLANS E PROTOCOLOS DE SUCESIÓN NA EMPRESA FAMILIAR


­

Xornada técnica Re-acciona: Plan de protocolo familiar e relevo xeracional

reacciona

A competitividade dunha empresa depende de saber manter as súas vantaxes competitivas e mellorar día a día, pero tambén se ve afectada, no caso das empresas familiares, pola sucesión empresarial. É un aspecto ao que cómpre prestar atención, e que habitualmente se regula mediante un plan/protocolo de empresa familiar, que regula todos os aspectos que facilitan a súa continuidade.

O programa Reacciona conta cun servizo específico para facilitar a elaboración e posta en marcha de plans e protocolos na empresa familiar galega. Para incidir neste ámbito de xestión, o próximo 2 de decembro desenvólvese na sede do Igape, en Santiago, unha xornada técnica específica aberta ás empresas interesadas.

­

DIRIXIDA A …

Persoal directivo e responsables de departamentos en empresas de calquera sector (xerentes, responsables de compras, produción, finanzas…).

PROGRAMA

// 09.45 Recepción de asistentes e entrega de documentación

// 10.00 Relatorio

Planificación xurídica da sucesión empresarial. O protocolo familiar.

Pablo Parada. Socio Cofundador. Parada y Cotelo Abogados y Asesores

// 11.15 Relatorio

Aspectos tributarios na sucesión empresarial. 

Carlos Cotelo. Socio Cofundador. Parada y Cotelo Abogados y Asesores

// 12.15 O programa Re-acciona

Servizo de elaboración de plans e protocolos de empresa familiar.

Marta Leal. Socia. Parada y Cotelo Abogados y Asesores

// 12.45 Rogos e preguntas

// 13.00 Finalización da xornada técnica

Plan de protocolo familiar e relevo xeracional

Inscríbete antes do 1 de decembro!
Santiago de Compostela. Igape. San Lázaro s/n
Correo: marta.leal@paradaycotelo.com // Tel. 881 068 265

Advertisements