V Premio Novo Empresario de Galicia


ajeV Edición do Premio Joven Empresario de Galicia

O seu obxectivo é premiar o labor daqueles emprendedores e novos empresarios que co seu esforzo e dedicación contribúen día a día a crear riqueza e xerar emprego na nosa terra.

A Federación Galega de Xoves Empresarios –AJE Galicia é unha organización de ámbito autonómico con carácter multisectorial e sen ánimo de lucro, circunscrita ao ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. Está integrada polas Asociacións de Xoves Empresarios de A Coruña, Ferrolterra, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, que representan a máis de mil empresas lideradas por novos empresarios galegos.

Ao longo de dúas décadas, AJE Galicia e as Asociacións de Xoves Empresarios integradas nesta apoiaron aos mozos emprendedores e empresarios galegos mediante a organización de actos propios como na colaboración coa Administración Pública e outras entidades privadas. As devanditas accións de apoio incidiron dende os primeiros pasos para a constitución da empresa ata a súa consolidación, incluíndo a xestión de liñas de financiamento sen achega de garantías.

AJE Galicia no seu compromiso coa promoción e difusión da cultura emprendedora, a innovación empresarial, a creación de emprego e a internacionalización da PeME organiza este ano V Edición do Premio Joven Empresario de Galicia. Este Premio supoñerá para o novo empresario gañador a proxección, a través de medios de prensa e publicidade, da súa actividade empresarial. Ao mesmo tempo que serve de exemplo de superación á xuventude galega mostrando que o autoemprego e a innovación neste eido é outra posibilidade de traballo.

Descargar a solicitude de inscrición para o Premio

Descargar as bases do PREMIO

Advertisements