O Colexio de xestores aconsella facer testamento para poder desgravar


Para resolver as dúbidas que xera o imposto de Sucesións e Donaciones, o Colexio de Xestores Administrativos de Galicia desenvolveu unha xornada informativa coa presenza de dous grandes expertos na materia, o membro do colexio notarial Raúl Gerardo Muñoz Maestre, e o integrante do Tribunal Económico Administrativo, José Antonio Rapa Fernández.

Ambos desgranaron os pormenores deste imposto, aclarando os aspectos máis controvertidos do dereito sucesorio galego, suxeito a unha normativa propia na comunidade autónoma de Galicia.

Desde o Colexio de Xestores Administrativos de Galicia recordan que para evitar conflitos entre os herdeiros e ter un maior aforro fiscal é aconsellable ter documentos que acrediten que se cumpren os requisitos que son necesarios para poder beneficiarse de reducións fiscais.

Probas documentales para poder desgravar

002Neste sentido, tal e como recordou José Antonio Rapa na súa exposición, cobra especial importancia ter probas documentais de todas as situacións vitais e mercantis para, en caso de falecemento, os herdeiros poidan beneficiarse das deducións existentes.

Este é precisamente un dos aspectos máis controvertidos das herdanzas, como probar as circunstancias que permiten acceder a beneficios fiscais e que no caso de Galicia tradicionalmente pásase por alto. “É habitual que un pai ceda a un fillo un terreo e que este constrúa co paso dos anos unha vivenda. Cando o pai morre, si non hai documentación que acredite esa cesión, o fillo vai ter difícil non tributar polo inmoble, aínda que este último non sexa un legado paterno”, explica José Antonio. A administración tampouco aplica as reducións por minusvalía si non están ben acreditadas.

Por exemplo, “Si a unha persoa concédenlle a minusvalía con posterioridad ao falecemento do seu pai, vai ser difícil que lle apliquen a redución, aínda que xa estivese en proceso de trámite no momento do deceso, de aí a importancia de poder probar todas as situacións polas que se poida desgravar”, indica o vocal do Tribunal Económico Administrativo.

Planificar a testamentaría

Desde o Colexio de Xestores Administrativos tamén recordan que se debe facer testamento si non se queren ter complicaciones derivadas do legado, como a localización de bens de natureza rústica, algo que sucede con moita frecuencia en Galicia, ou a valoración dos inmobles necesaria para a cuantificación da masa hereditaria, que xera inseguridade xurídica.

Ademais, en caso de non deixar testamento, os herdeiros terán que asumir un custo moi superior para liquidar, como realizar a declaración de herdeiros, presentar testemuñas, etc., ademais de ter que investir moito tempo en todas as xestións, sobre todo en herdanzas complicadas.

Advertisement