Axudas as empresas do Salnés e Ullán que contraten, cunha duración mínima de 6 meses, persoas desempregadas empadroadas en Vilagarcía


Poderán solicitar estas axudas as persoas físicas ou xurídicas de carácter privado radicadas nas comarcas do Salnés e Ullán que formalicen contratos con traballadoras e traballadores empadroados no Concello de Vilagarcía cunha antigüidade mínima dun ano e inscritos como demandantes de emprego no servizo Público de Emprego e Galicia (antigo Inem). Considéranse subvencionables as contratacións indefinidas, conversións en indefinidos de contratos temporais ou de duración determinada, así como os temporais con duración mínima de 6 meses. Os contratos a subvencionar deben estar asinados entre 1 de xaneiro e o 1 de novembro de 2016.

Así mesmo, para poder acceder a estas axudas, as empresas solicitantes non poderán ter amortizados postos de traballo nos seis últimos meses anteriores ás novas contratacións ou conversións de contratos nin mediante despedimentos declarados improcedentes nin de regulacións de emprego. Tampouco poderán acollerse a esta liña de subvencións as administracións ou sociedades públicas, as empresas acollidas a plans de reconversións, as empresas que non estean ao corrente das súas obrigas coa Seguridade Social, Facenda, Xunta ou Concello de Vilagarcía. Tampouco aquelas sancionadas mediante sentenza firme por vulnerar dereitos fundamentais dos traballadores ou por accidentes laborais nos seis meses anteriores á contratación.

A suma da axuda a conceder establecerase en función a criterios como a duración do contrato ou o tipo de empresa (valorando aquí aspectos como o número de traballadores ou antigüidade da empresa). Os expedientes irán tramitándose por orde de presentación no rexistro do Concello e as subvencións concederanse ata esgotar a partida.

Descargar PDF

Advertisement