Axudas para o desenvolvemento de diagnósticos de innovación comercial


imagenANUNCIO da convocatoria pública de axudas para o desenvolvemento de diagnósticos de innovación comercial no marco do Plan de comercio retallista, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) da Unión Europea e pola Secretaría de Estado de Comercio.

As cámaras oficiais de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, Santiago de Compostela e Tui informan da convocatoria pública de axudas para o desenvolvemento de diagnósticos de innovación comercial no marco do Plan de comercio retallista, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) da Unión Europea e pola Secretaría de Estado de Comercio.

Primeiro. Beneficiarios

Pemes ou empresas autónomas da demarcación territorial das respectivas cámaras de comercio que pertenzan a algunha das epígrafes de actividade do CNAE-2009, grupo 47 ou que estean dadas de alta no IAE nas epígrafes 64, 65 ou 66. Quedan excluídas as farmacias.

Segundo. Obxecto

O obxecto da convocatoria é promover a participación das pemes comerciais da demarcación das cámaras oficiais de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, Santiago de Compostela e Tui na actuación de diagnósticos de innovación comercial do Plan de comercio retallista. Esta actuación ten como obxectivo principal contribuír á mellora da competitividade dos comercios, mediante a realización de diagnósticos individualizados e informe de recomendacións de mellora, co fin de impulsar a adopción, por parte deles de metodoloxías e solucións que permitan mellorar a súa situación competitiva.

Terceiro. Convocatoria

O texto completo desta convocatoria está á disposición das empresas nas sedes das cámaras oficiais de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa, Santiago de Compostela e Tui.

Cuarto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes ábrese ao día seguinte da publicación deste anuncio e finalizará o día 23 de novembro de 2016 ás 14.00 horas. O modelo de solicitude de participación poderá descargarse a través das páxinas web das respectivas cámaras de comercio:

A Coruña: http://www.camaracoruna.com

Lugo: http://www.camaralugo.com

Ourense: http://www.camaraourense.com

Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa: http://www.camarapvv.com

Santiago de Compostela: http://www.camaracompostela.com

Tui: http://www.camaratui.com

Advertisement