Directrices xerais do Plan Anual de Control Tributario e Aduanero de 2015


control-tributarioEntre as citadas directrices atópanse as seguintes:

  • Potenciación do control da economía mergullada mediante a personación do persoal da AEAT, co apoio de auditoría informática, para poñer de manifesto actividades non declaradas ou descubrir software de dobre uso.
  • Control de actividades de servizos como cesión opaca de vivendas e de empresas turísticas irregulares
  • Seguirase coa verificación do cumprimento da limitación de pagos en efectivo
  • Control de importación e venda de produtos importados
  • Potenciación da investigación de patrimonios deslocalizados a partir dos novos intercambios de información con EEUU, explotación de datos captados de consumo realizado con tarxetas de crédito emitidas con cargo a contas abertas en entidades financeiras non residentes ou coa utilización dos datos dos modelos 720 presentados
  • No ámbito da planificación fiscal internacional seguirase coa revisión de operacións con instrumentos híbridos, a adquisición de participacións con apalancamiento, co control de pagos ao exterior de especial relevancia ou dos prezos de transferencia
  • Respecto de a economía dixital preténdese captar información en Internet e nas redes sociais para descubrir actividades ocultas e controlar a fabricantes e prestadores de servizos para comprobar si declaran correctamente as rendas obtidas no noso país
  • Seguirase comprobando a utilización improcedente de persoas xurídicas para canalizar rendas de persoas físicas ao obxecto de conseguir aforros no diferencial de tipos ou por incorporar gastos non relacionados coa actividade
  • Seguirase intentando controlar as fraudes en IVA
  • Intensificarase o control de fundaciones e entidades sen ánimo de lucro para evitar a utilización abusiva do réxime fiscal especial
  • Perseguirase a deslocalización de contribuyentes para conseguir situacións de desimposición entre territorio común e territorios forales

Resolución de 9 de marzo de 2015, da Dirección Xeral da Axencia Estatal de Administración Tributaria, pola que se aproban as directrices xerais do Plan Anual de Control Tributario e Aduanero de 2015.

Advertisement