INVESTIMENTOS DAS PEMES EN EQUIPOS PRODUTIVOS (2015)


igape (1)O PRAZO DE PRESENTACIÓN COMEZA O DÍA 2 DE XANEIRO DE 2015.

O proxecto de investimento deberá estar relacionado coa creación dun novo establecemento empresarial, ampliación da capacidade dun establecemento existente, diversificación da produción en novos produtos adicionais ou un cambio esencial no proceso xeral de produción dun establecemento existente.

Tipos de apoyo

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

1.- Sociedades mercantís con tamaño de pequenas e medianas empresas (pemes), que realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado en Galicia.

2.- Que desenvolvan un proxecto de investimento para algunha das actividades subvencionables que se sinalan no anexo II destas bases.

3.- Que acheguen para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25% do seu importe, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

Sectores incentivables

Anexo II das bases.

IGAPERequisitos principales del proyecto

Subvencionanse os investimentos das pemes en equipos produtivos en Galicia, que cumpran os seguintes requisitos:

1.- O proxecto de investimento subvencionable deberá ser igual ou superior a 150.000 euros, excluíndo impostos, taxas e arbitrios, e deberá estar relacionado coa creación dun novo establecemento empresarial, ampliación da capacidade dun establecemento existente, diversificación da produción en novos produtos adicionais ou un cambio esencial no proceso xeral de produción dun establecemento existente.

2.- Que a axuda solicitada supoña un efecto incentivador para o proxecto presentado. Para tal efecto, antes de iniciar o proxecto o solicitante deberá ter presentado a solicitude da axuda. Ningún dos custos alegados, sobre os que se solicita subvención, poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude; de ser así, o proxecto, no seu conxunto, sería non subvencionable. Considérase que o proxecto xa foi iniciado cando exista un primeiro compromiso en firme para o pedido de equipos produtivos, entendéndose por proxecto os investimentos comprendidos na solicitude da axuda.

3.- Os proxectos de investimento vinculados a un contrato de xestión de servizos públicos non serán subvencionables, excepto os correspondentes ás actividades que tradicionalmente se viñan prestando por empresas privadas, a risco e ventura destas e cuxos clientes son tamén empresas privadas.

Cualificación requerida del proyecto

Os proxectos que cumpran coas condicións necesarias serán avaliados de acordo co seguinte baremo xeral:

a.- Sectores de actividade prioritarios. 35 puntos.
Concederanse 35 puntos aos proxectos correspondentes aos sectores prioritarios establecidos no anexo IV a estas bases.

b.- Valor engadido medio da actividade empresarial. Puntos máximos 55.
A puntuación obterase aplicando a porcentaxe do valor engadido bruto medio do sector, de acordo coa táboa IAE-CNAE do anexo VI.

c.- Interese ambiental do proxecto. 10 puntos.
Concederanse 10 puntos no caso de que teñan certificación ambiental.

A porcentaxe da axuda resultará da aplicación da seguinte fórmula:
% da axuda = 15 % + [35 x (puntos por baremación proxecto/100)]% + (5% por localización)

Aquelas solicitudes correspondentes a actividades a desenvolver nas localizacións do anexo III terán un 5% adicional por encima da base total de puntuación que é posible alcanzar.

Inversiones o gastos computables

a) Maquinaria de proceso, instalacións específicas para a actividade subvencionable, equipos e medios de transporte interior, vehículos especiais de transporte exterior, medios de protección do ambiente.

b) Outros bens de equipamento, entendendo como tales, aqueles bens que forman parte dos activos fixos da empresa e interveñen directamente no proceso produtivo.

Non se consideran bens de equipamento produtivo os equipos informáticos e as súas aplicacións, as pezas de recambio nin os envases e embalaxes, aínda que sexan reutilizables.

Os investimentos previstos polo solicitante deberán ser especificados na solicitude.

Os investimentos subvencionables serán os realizados e pagados dentro do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión para os efectos de cumprir todas as condicións nela establecidas. Este prazo iniciarase na data de presentación da solicitude de axuda e rematará na data que, á vista das características do proxecto, sexa establecida na resolución de concesión, que non excederá do 30 de xuño de 2015.

Os investimentos deberán ser adquiridos en propiedade a terceiros polo beneficiario da axuda, contratados e pagados directamente entre o beneficiario e o provedor final. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante.

Os proxectos deberán ser viables técnica, económica, financeira e ambientalmente. Así mesmo, no caso de proxectos de transformación fundamental do proceso de produción, o investimento subvencionable deberá superar a dotación media para amortizacións do inmobilizado, circunscrita ao centro obxecto dos novos investimentos, nos 3 últimos exercicios pechados. No caso de proxectos para a diversificación dun establecemento existente, o investimento subvencionable deberá superar no 200% a devandita dotación media.

Cando o importe do investimento subvencionable supere as contías establecidas na Lei de contratos do sector público para o contrato menor (18.000 euros) o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo da adquisición do ben. En ningún caso o custo de adquisición dos investimentos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Cuantía de las ayudas

A subvención poderá chegar ata o 25% dos investimentos subvencionables, e ata o 35% se se dirixe exclusivamente a pequenas empresas.

As solicitudes correspondentes a actividades a desenvolver nas localizacións do anexo III terán un 5% adicional por encima da base total de puntuación que é posible alcanzar.

Non obstante, establécese un importe máximo de axuda, por empresa e proxecto, de 500.000 euros

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 2 de xaneiro de 2015 e rematará o 5 de febreiro de 2015.

Incompatibilidades

Estas axudas son compatibles cos programas de axuda financeira do Instituto como poden ser, entre outros, os préstamos ou a subsidiación do tipo de xuro, e tamén con calquera outro tipo de subvención ou axuda concedida por outros organismos públicos ou privados financiadas con fondos Feder – Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, ata o límite máximo de intensidade de axuda indicado no artigo 6 destas bases reguladoras.

A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Instituto Galego de Promoción Económica tan axiña como se coñeza.

A porcentaxe de participación directa das Administracións Públicas no capital social do solicitante compútase na mesma porcentaxe como axuda pública no importe do investimento subvencionable.