CONTRATACIÓN DE XESTORES DE INTERNACIONALIZACIÓN (2015)


igape_internacionalFinalidad / Objetivo

O PRAZO DE PRESENTACIÓN COMEZA O DÍA 2 DE XANEIRO DE 2015.

Facilitar ás empresas galegas a prospección e acceso a novos mercados poñendo ao seu alcance axudas para a contratación de profesionais especialistas en internacionalización empresarial, conseguindo, ao mesmo tempo, a especialización de cadros de persoal e facilitar o acceso ao mercado laboral dos profesionais.

Tipos de apoyo

Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia non competitiva.

Beneficiarios potenciales

1.- Poderán ser beneficiarios:

As sociedades mercantís ou outras sociedades con obxecto empresarial (en diante, empresas), sexan ou non pemes, que teñan o seu domicilio social na Comunidade Autónoma de Galicia, incluídas as empresas con obxecto social destinado á prestación de servizos técnicos, comerciais ou loxísticos, que teñan un proxecto de internacionalización da propia empresa solicitante. Os solicitantes que non teñan experiencia exportadora previa terán que dispor dun diagnóstico positivo do potencial de internacionalización da empresa realizado a través de programas de Igape a partir de 2012. Os solicitantes que teñan un diagnóstico realizado a través de programas de Igape anterior a 2012 deben actualizar a información do mesmo, e os solicitantes que non dispoñan do diagnóstico pero teñan experiencia exportadora previa, deberán acreditar a dita experiencia exportadora que deberá ser validada por Igape. A solicitude do diagnóstico, deberá facerse antes do remate do prazo de presentación de solicitudes de axuda

2.- Os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social e non ser considerados empresas en crise no sentido das directrices comunitarias, cumprir os requisitos establecidos no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e cumprir as obrigas do artigo 11 da citada Lei de subvencións.

Sectores incentivables

Todos.

Requisitos principales del proyecto

Modalidades de contratación:

a) Contrato laboral
b) Contrato de prestación de servizos

* Condicións da contratación:

a) O xestor debe ser elixido polo beneficiario de entre os integrantes na bolsa de traballo denominada Xestores de internacionalización e publicada polo Igape na súa páxina web http://www.igape.es, e que está aberta indefinidamente, ás novas incorporacións de persoal que reúna os requisitos esixidos. O solicitante deberá indicar o código do xestor no formulario de solicitude.

b) A contratación dun mesmo xestor só poderá ser subvencionada unha vez por cada solicitante tendo en conta esta e anteriores convocatorias destas axudas.

c) No caso de contratación a tempo parcial ou contratación de prestación de servizos, un mesmo xestor poderá ser obxecto dun máximo de tres contratacións subvecionables na mesma convocatoria.

d)) O obxecto do contrato é a realización -nun centro de traballo en Galicia ou no estranxeiro- de actividades relacionadas coa internacionalización empresarial. No caso de contratos para un centro de traballo no estranxeiro será admitido como subvencionable o contrato realizado por unha sucursal no estranxeiro da beneficiaria ou unha filial. No caso de que o beneficiario participe nunha porcentaxe inferior ao 100% da sociedade contratante no estranxeiro, o gasto subvencionable correspondente adaptarase á porcentaxe de participación do beneficiario na dita sociedade.

e) O contrato deberá estar formalizado con anterioridade á resolución de concesión de axuda.

f) Debe ser dado de alta nun grupo 01 ou 02 de cotización á Seguridade Social no caso de contratos laborais formalizados conforme a lexislación española.

Só se concederá unha axuda do tipo da descrita nestas bases por solicitante e convocatoria.

* Exclusións:

1.- Exclúese das axudas establecidas neste programa a contratación dun xestor con vínculos de parentesco (cónxuxe, ascendentes, descendentes e demais parentes, por consanguinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive) cos cargos de dirección ou membros dos órganos de administración do solicitante ou as súas empresas vinculadas

2.- Exclúense os contratos con persoas que tivesen algunha relación laboral co solicitante ou con outras empresas vinculadas nos cinco exercicios anteriores ao da convocatoria (ser bolseiro non se entende como relación laboral).

3.- A non concorrencia destas exclusións demostrarase a través dunha declaración responsable do solicitante, que se cubrirá no formulario de solicitude.

Deberá formalizar co xestor un contrato de traballo antes da data de resolución de concesión. Poderase formalizar o dito contrato desde o 1 de xaneiro de 2015. No caso de que á data de solicitude non estivese formalizado o contrato do xestor, unha vez estudado o expediente, solicitarase o dito contrato antes de ditar resolución firme. A duración do contrato non poderá ser inferior a seis meses.

Inversiones o gastos computables

O beneficiario optará por un destes dous tipos de contrato:

1.- Contrato laboral:

Será subvencionable un máximo de 6 meses de salario neto de contrato laboral por conta allea dun xestor de internacionalización. O límite máximo de gasto subvencionable é de 1.000 euros de retribución neta mensual e un máximo de 1.000 euros máis correspondente á paga extraordinaria. Polo tanto, o importe máximo de gasto subvencionable por beneficiario é de 7.000 euros. No caso de contratación a tempo parcial, procederase á prorrata da contía da axuda segundo o tempo de contratación. A contratación deberá realizarse dentro do prazo de execución comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 20 de xullo de 2015.

2.- Contrato de prestación de servizos:

Será subvencionable un máximo de 6 meses de contrato de prestación de servizos de xestores profesionais autónomos para a realización de tarefas de internacionalización da empresa. O límite máximo de gasto subvencionable é de 750 euros mensuais. Polo tanto, o importe máximo de gasto subvencionable por beneficiario é de 4.500 euros. A contratación deberá realizarse dentro do prazo de execución comprendido entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 20 de xullo de 2015.

Cuantía de las ayudas

– A contía da axuda para os contratos laborais será do 85% do salario neto correspondente a un máximo de 6 meses de contratación.

Incremento da porcentaxe de subvención:

a) Se o solicitante ten o seu domicilio social ou centro de actividade obxecto do proxecto en algún dos municipios relacionados no anexo III destas bases: provincias de Lugo ou Ourense, comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e da Costa da Morte, engadiranse 5 puntos porcentuais máis.

b) Se o xestor que se vai contratar: leva -á data da solicitude- 12 meses ou máis en paro, ou se trata dunha muller ou dun discapacitado, engadiranse 5 puntos porcentuais máis. Se o solicitante indica esta condición na solicitude da axuda, debe respectala no caso de que o xestor contratado inicialmente sexa substituído por outro.

O límite máximo de axuda é do 95% de gasto subvencionable.

– A contía da axuda para os contratos de prestación de servizos será do 60% do importe sen IVE das facturas mensuais de prestación de servizo.

O límite máximo de gasto subvencionable é de 750 € mensuais. Polo tanto, o importe de máximo de gasto subvencionable por beneficiario é de 4.500 euros.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 2 de xaneiro de 2015 e rematará o 3 de febreiro de 2015.

Incompatibilidades

As axudas outorgadas ao abeiro destas bases serán incompatibles con calquera outra axuda concedida para o mesmo concepto subvencionable.

Estas axudas quedarán sometidas ao réxime de minimis, e non poderán superar os límites cuantitativos e por actividade establecidos polo dito réxime de minimis.