NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS AO ALUGUEIRO CUBRIRÁ ATA O 40% DA RENDA


Concederanse por un prazo de doce meses, prorrogables ata o remate do Plan, ás familias cuxos ingresos non sexan tres veces superiores ao Iprem e cando a renda de alugueiro non supere os 600 euros ao mes.
O Diariovivendaaxudas Oficial de Galicia (DOG) publicou a Orde pola que se aproban as bases reguladoras do novo programa de axuda ao aluguer de vivenda, que permitirá comezar a aplicar en Galicia o Plan Estatal de Fomento de Aluguer de Vivenda, a Rehabilitación Edificatoria, e a Rexeneración e Renovación Urbanas, que entrou en vigor a semana pasada.
As axudas reguladas son as primeiras en desenvolver o Plan de alugueiro e rehabilitación e teñen por obxecto facilitar o acceso e a permanencia nunha vivenda en réxime de aluguer a persoas físicas con escasos medios económicos, mediante a subvención dos custos de aluguer. A Orde publicada completarase en breve coa Resolución pola que se abre o período de solicitude das axudas, que tamén será publicada no DOG.
A conselleira subliñou que estas axudas cubrirán ata o 40% da renda de alugueiro, que non poderá superar os 600 euros mensuais. Concederanse por un prazo de doce meses, prorrogables ata o remate do Plan, ás familias cuxos ingresos non sexan tres veces superiores ao Iprem.
No seguinte enlace podera coñecer as bases da convocatoria publicadas no DOGA:
Advertisement