EN 2015 BAIXA A RETENCIÓN DE PROFESIONAIS E ALUGUERES


reforma-fiscal-autonomos-pymes (1)Con carácter xeral, para o exercicio 2015 o tipo de retención dos profesionais baixa ao 19 por cento. O tipo de retención a partir do exercicio 2016, será do 18 por cento.

Por outra banda créase un novo tipo especial de retención do 15 por cento aplicable ás actividades cuxo volume de rendementos íntegros do exercicio anterior sexa inferior a 15.000 euros e represente máis do 75 por cento dos rendementos íntegros do traballo e de actividades económicas.

As retenciones por arrendamento de locais baixan ao 20% no ano 2015. Como o IVA mantense ao 21% a factura vai subir un 1% da base imponible.

Supoñamos un arrendamento de 500 €. Ata este ano a factura de aluguer supoñía pagar 500 €. O ano que vén pagaríanse 5 euros máis.

BASE IMPOÑIBLE……………… 500 €
IVA (21%)……………………………. 105 €
RET. (20% 2015)………… -100 €
A PAGAR……………………………. 505 €

Advertisement