As novas Deducións Anticipadas FAmiliareS (DAFAS). Os beneficiarios poderán solicitar á Axencia Tributaria a partir de xaneiro o aboamento anticipado


AEATAs novas Deducións Anticipadas FAmiliareS (DAFAS)

As DAFAs son unha copia das vixentes DAMAs (Deducións Anticipadas por Maternidade), diferenciándose en que as novas deducións son familiares e non por contribuínte. Unha familia con tres descendentes con dereito a dedución poderá solicitar as tres, polo tanto os 1.200,00 € por beneficiario dará dereito á familia a unha dedución de 3.600,00 €, será posible ao igual que a dedución por maternidade, solicitar á Axencia Tributaria a percepción anticipada, no exemplo sería de 300,00 mensuais, esta familia poderá optar por unha das dúas modalidades proposta de solicitude da dedución de forma anticipada: colectiva e individual.

Exemplos:

Unha familia composta por matrimonio e dous fillos, un deles con minusvalidez superior ao 33%, ingresos brutos anuais de 25.000 €, poderán solicitar a DAFAs, por descendente con minusvalidez e por familia numerosa, en total 2.400 € anuais, e anticipadamente 200 € mensuais.
Unha familia con tres fillos e ingresos brutos anuais de 30.000 €, poderán solicitar DAFAs por familia numerosa, de 1.2000 € anuais, e anticipadamente 100 € mensuais.

Novas deducións para a familia

  • As novas deducións por familia numerosa e persoas con minusvalidez a cargo poderanse obter de forma anticipada, mes a mes
  • A Axencia Tributaria comezou a enviar cartas aos posibles beneficiarios informando dos requisitos e procedemento para a solicitude do cobramento mensual
  • Os beneficiarios deberán presentar un formulario de solicitude, individual ou colectivo, por cada unha das deducións ás que teñan dereito
  • A solicitude poderase presentar por internet ou teléfono a partir do 7 de xaneiro e presencialmente dende o 3 de febreiro

Os beneficiarios das tres novas deducións no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) que incorpora a reforma fiscal para o apoio á familia poderán solicitar a partir do mes de xaneiro próximo o seu aboamento anticipado. As deducións incluiranse na declaración anual de IRPF do 2015, a presentar en 2016, onde se regularizarán as cantidades que se tivesen percibido como aboamento anticipado.dafa

A Axencia Tributaria comezou xa a enviar cartas informativas aos beneficiarios potenciais, nas que recolle os requisitos e procedemento para a percepción mensual destes impostos negativos.

A solicitude do pagamento anticipado poderase realizar de xeito colectivo ou individual mediante a presentación dun novo modelo, o 143, por cada unha das deducións, acumulables entre si, ás que os beneficiarios teñan dereito (100 euros mensuais por familia numerosa e por cada descendente e ascendente con minusvalidez; 200 euros no caso de familias numerosas de categoría especial).

As deducións, que poderán alcanzar os 1.200 euros anuais por cada descendente ou ascendente con minusvalidez e por familia numerosa, e os 2.400 euros no caso de familias numerosas de categoría especial, se calcularán de forma proporcional ao número de meses en que se cumpran os requisitos.

Os requisitos son dous: por un lado, realizar unha actividade pola que se cotice á Seguridade Social ou mutualidade alternativa; por outro, ter dereito á aplicación do mínimo por descendente ou ascendente con minusvalidez, ou ser ascendente ou irmán orfo de pai e nai formando parte dunha familia numerosa.

O límite para cada unha das deducións serán as cotizacións e cotas totais á Seguridade Social e/ou mutualidades percibidas en cada período impositivo. Se se tivese dereito á dedución por contar con varios ascendentes e/ou descendentes con minusvalidez, o límite aplicarase de forma independente respecto de cada un deles.

Procedemento para a solicitude do pagamento anticipado

Unha vez cumprido, o modelo de solicitude poderase presentar por internet a partir do 7 de xaneiro na web da Axencia Tributaria (www.agenciatributaria.es) mediante ‘Cl@ve’, ‘PIN 24 horas’, DNIelectrónico ou certificado dixital. Ao final da carta remitida aos beneficiarios recóllese o Código Seguro de Verificación (CSV) requirido para as novas altas en Cl@ve daqueles beneficiarios que non estean rexistrados no PIN 24 horas. A solicitude tamén se poderá formalizar a partir desa data no teléfono 901 200 345.

A partir do 3 de febreiro, a solicitude poderase presentar tamén en calquera oficina da Axencia Tributaria, logo de cumprimentación na web da Axencia, impresión e firma por parte de todos os solicitantes.

Cando existan varios beneficiarios dunha mesma dedución, o aboamento anticipado solicitarase de xeito colectivo ou individual, elección que se poderá modificar para as distintas deducións en xaneiro de cada ano.

No caso da solicitude colectiva, deberán subscribir a solicitude todos os solicitantes que puidesen ter dereito á dedución. Quen figure como primeiro solicitante deberá cumprir os requisitos para o aboamento da dedución no momento en que se presente a solicitude e será quen reciba a transferencia bancaria mensual. Se os beneficiarios optan, en cambio, pola solicitude individual, o importe da dedución dividirase entre os distintos solicitantes por partes iguais.

Quen pode solicitar o aboamento anticipado?

  • Ascendentes -ou irmáns orfos de pai e nai- que formen parte dunha familia numerosa.
  • Contribuíntes con dereito á aplicación dos mínimos por descendentes ou ascendentes con minusvalidez.

Requisitos

  • Título de familia numerosa e/ou certificado de minusvalidez: os solicitantes deben comprobar que contan coa documentación acreditativa de familia numerosa e o certificado de minusvalidez do ascendente ou descendente. As Comunidades Autónomas enviarán directamente esta documentación á Axencia Tributaria.
  • Número de Identificación Fiscal (NIF) de todos os solicitantes, así como dos descendentes e ascendentes con minusvalidez. Para menores de 14 anos que non conten con NIF poderase solicitar unNIF coa letra ‘K‘ de menores nas oficinas da Axencia Tributaria.
  • Alta na Seguridade Social ou mutualidade e prazos mínimos de cotización (nas solicitudes colectivas abonda con que o requisito o cumpra quen figure como primeiro solicitante).
Advertisement