PROGRAMA DE APOIO Á PRIMEIRA EXPORTACIÓN


igape1Programa desenvolvido pola Fundación Gas Natural Fenosa en colaboración co Igape, co obxectivo de facilitar os primeiros pasos para a exportación e orientar nas accións preparatorias e iniciais do proceso de internacionalización.

Beneficiarios: Pemes galegas.

Actividades:

  • Seminarios de fomento e divulgación dos beneficios da exportación entre as pemes.
  • Formación en aspectos prácticos relativos á operativa da exportación.
  • Asesoramento a pemes en aspectos relativos ao inicio da internacionalización.
  • Orientación no diagnóstico e análises dos procesos de cambio necesarios para orientar as empresas á internacionalización.
  • Asesoramento no deseño de estratexias e melloras orientadas a que as pemes vexan crecer a súa competitividade mediante a internacionalización.

Próximas actividades:

Primeira sesión: Primeira exportación: un reto asumible para calquera pyme.

A Coruña, 1 de decembro de 2014 de 8:45 a 13:00 horas. Programa

Vigo, 2 de decembro de 2014 de 8:45 a 13 horas. Programa