Novas Axudas para estudos universitarios e para a matrícula do máster para desempregados


estudantessAxudas estudos universitarios curso 2014/15, Xunta de Galicia

Período de inscrición
Do 9/10/2014 ao 10/11/2014
Información
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Universidades, con fondos propios da Comunidade e dentro das súas limitacións presupostarias, desenvolve unha política de apoio económico ao alumnado de ensino universitario encamiñado a favorecer, entre outras, a igualdade de oportunidades.

Convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula universitaria dos alumnos e alumnas que inicien estudos universitarios no curso 2014/15 no Sistema universitario de Galicia conducentes á obtención dun título oficial de grao.

Máis información: Orde de 29 de setembro de 2014 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas para o inicio de estudos universitarios no curso 2014/15 nas universidades do Sistema universitario de Galicia.

Diario Oficial Galicia 8 outubro 2014

Convoca
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia
Requisitos
Posuír nacionalidade española ou doutro país da Unión Europea ou de terceiros países, cando se acredite a condición de residente en España, quedando excluídos os que se encontren en situación de estanza. Acreditar unha cualificación nas probas de acceso á universidade (PAU) ou noutras ensinanzas que lle permita o acceso cunha nota media igual ou superior a 5 puntos e inferior a 5,5 puntos excluíndo a fase específica. Estar matriculado por primeira vez en primeiro curso nunha universidade do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2014/15 dun mínimo de 60 créditos en ensinanzas conducentes á obtención dun título oficial de grao. Ampliar información en convocatoria.
Dotación
A dotación asignada a cada beneficiario será a do importe total da matrícula, incluídas as taxas de apertura de expediente e a expedición e mantemento de tarxeta de identidade. Ampliar información.
Máis información

estudiantes3Axudas matrícula máster para titulados universitarios desempregados, Xunta de Galicia

Período de inscrición
Do 9/10/2014 ao 10/11/2014
Información
Convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia no curso 2014/15.

A finalidade das ensinanzas de máster universitario é a adquisición polo estudante dunha formación avanzada orientada á especialización académica ou profesional ou ben a promover a iniciación en tarefas investigadoras contribuíndo a mellorar o acceso a un mercado de traballo globalizado.

Máis información: Orde de 29 de setembro de 2014 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas para a matrícula nun máster universitario oficial, destinadas a titulados/ás universitarios/ás en situación de desemprego, para o curso 2014/15.

Diario Oficial Galicia 8 outubro 2014

Convoca
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia
Requisitos
Estar en posesión dun título universitario, expedido con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2011, que dea acceso aos estudos de máster universitario. Estar matriculado/a no curso 2014/15 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia, dun mínimo de 60 créditos. Residir na Comunidade Autónoma de Galicia como mínimo nos tres últimos anos anteriores á data da publicación desta convocatoria. Estar inscrito/a como demandante de emprego, como mínimo, durante un período de 180 días no ano inmediatamente anterior contado de data a data dende a data de presentación da solicitude. Ampliar información en convocatoria.
Dotación
A contía da bolsa cubrirá o importe correspondente a 60 créditos de primeira matrícula do máster universitario segundo os prezos públicos establecidos.
Máis información
Advertisement