Os Emigrantes que residan na UE poden beneficiarse das deduccións autonomicas no imposto de Sucesións


Tras unha sentenza da UE, cambia o imposto de sucesións xa que poderan aplicar as mesmas deduccions que os residentes, pero só para os cidadáns europeos, o 13 % da diáspora.

TJUEO gran groso da diáspora galega terá que seguir tributando polas herdanzas con cargo á lei estatal e sen beneficiarse das deducións autonómicas. Os cambios normativos que aplicará o Goberno central para adaptar a reforma fiscal á sentenza do Tribunal de Xustiza da UE -que obriga a tratar por igual aos residentes e non residentes en España- afectarán a cidadáns que residan na UE ou no Espazo Económico Europeo, é dicir os 28 países da UE máis Liechtenstein, Noruega e Islandia. Así consta nas emendas tramitadas polo grupo do PP no Congreso para modificar a Lei 29/1987, de 18 de decembro, do imposto de sucesións e doazóns.

Nun principio, interpretárase que a sentenza era extensible ao conxunto da emigración. Pero preguntado respecto diso, o Ministerio de Facenda foi rotundo.

Segundo os últimos datos actualizados polo INE, a comezos deste 2014 había na emigración 479.558 cidadáns galegos. Deles, 374.269 estaban en países de América; 1.693, en Oceanía; 1.019, en Asia e 936 en África. No continente europeo contabilízanse 101.641, é dicir, o 21 % do total. Pero cos cambios normativos que ultima Facenda non se lles aplicarían a todos as deducións da Xunta no imposto de sucesións no caso de que recibisen unha herdanza. Case 39.000 emigrantes galegos atópanse en Suíza, e este país non é membro da UE nin do Espazo Europeo.

Isto significa que só o 13 % dos galegos que se atopan fóra da comunidade poderían tributar por unha herdanza coma se vivisen en Galicia. Ou dito doutro xeito: case nove de cada dez emigrantes terán que liquidar o imposto de sucesións con cargo á lei estatal.

Un caso práctico

herenciaIsto significa que se dous irmáns herdan e un vive en Galicia e outro en Suíza ou Arxentina, as diferenzas son notables. Se o que reside na comunidade galega é menor de 21 anos está exento de pagar; o outro, non. E se recibe unha empresa, tributa a un simbólico 1 %. Hai máis bonificacións que non podería tomar o que está no exterior: en Galicia hai un mínimo exento de 125.000 euros por persoa en cada herdanza e o tipo máximo rebaixouse do 40?% ao 18 %.

Como se ve, isto ten a súa importancia cara ao futuro, pero tamén con carácter retroactivo, tendo en conta que Facenda devolverá menos diñeiro polas liquidacións mal efectuadas. A finais do mes pasado, o Colexio Oficial de Xestores Administrativos de Galicia fixo público un comunicado no que apremaba aos residentes no estranxeiro a que solicitasen ante a Axencia Tributaria a devolución dos pagamentos indebidos do imposto de sucesións, a condición de que non tivesen transcorrido catro anos desde a liquidación.

Ao longo dos últimos oito anos, o Estado recadou uns 700 millóns de euros polo imposto de sucesións aplicado a residentes no estranxeiro. E as primeiras estimacións apuntan a que terán que devolver, aproximadamente, uns 200 para cumprir coa normativa que impide un trato fiscal diferente. A recente sentenza da UE e os efectos que dela se derivan colocan no primeiro plano a necesidade de harmonizar a tributación de herdanzas no conxunto do Estado. Agora mesmo en España coexisten ata 20 réximes xurídicos diferentes neste imposto.

(Fonte: La Voz de Galicia)

Advertisement