OBRADOIRO DE REDES SOCIAIS PARA A VENDA E ATENCIÓN A CLIENTES


CAMBADOS – REDES SOCIAIS PARA A VENDA E ATENCIÓN A CLIENTES

Data: 02/10/2014 19:00
Organizado por: Punto CPAE 2.0 Cambados
Obxectivos:
Este obradoiro informativo está orientado a autónomos e micropemes, co obxectivo de que coñezan mellor a importancia das redes sociais e de como poden mellorar o seu negocio, xa que estas son unha canle de comunicación que serve para proxectar unha imaxe positiva e próxima da nosa marca, produtos ou servizos e permiten establecer relacións e sinerxías con provedores, clientes e, por que non, coa competencia, ademais de ofrecer outras moitas vantaxes, que tamén se tratarán aquí.

Contidos:
• Introdución en redes sociais
• SMP – Social Media Plan en redes sociais
• Introdución á marca nas redes sociais
• Técnicas de vendas en redes sociais
• Pódese ofrecer atención ó cliente por medio das redes sociais?

Relator: o obradoiro será impartido por José Luis Taboada, enxeñeiro informático con máis de 20 anos de experiencia e especializado en sistemas informáticos. É asesor do Centro Provincial de Asesoramento Empresarial.

PRESENTACIÓN OFICINAS CENTRO PROVINCIAL ASESORAMIENTO EMPRESARIA

Advertisement