Sesión Formativa ImpacTic R


logoTuristic150ox

ImpacTic R: Auditoría de impacto da presenza en internet dos comercios
Lugar: Tenda R da Rúa García Barbón 38
Día:  xoves, 16 de outubro
Hora: de 19:00 a 21:00h

ImpacTic R é unha sesión formativa na que analizaremos casos individuais en tempo real e daremos resposta ao que actualmente máis preocupa aos comerciantes:

¿Como vender en internet?
¿Estouno facendo ben?

Para asistir é preciso inscribirse enviando un correo electrónico ao enderezo contacto@impac-tic.com ou no teléfono 981 757 815.

ImpacTIC ofrecerá aos empresarios as ferramentas necesarias para que optimicen os recursos de comunicación e melloren a súa promoción e comercialización a través de Internet. Preténdense dar solucións ao que actualmente máis preocupa aos propietarios de establecementos, Como vender en Internet? Estouno facendo ben?. Para isto realizaranse accións concentradas nunha xornada de mañá e tarde, co fin de optimizar o tempo dos interesados.

Comercialización:
Durante a mañá daranse claves e conceptos básicos que calquera empresa debe ter presentes se quere dar o paso cara un bo uso da Internet. Tamén se coñecerán as distintas ferramentas de Internet para a súa promoción, así como novos modelos de xestión.

Auditoría de Impacto:
Durante a tarde analizaranse a presenza en Internet de varias das empresas presentes. Para aumentar a eficacia desta segunda parte do seminario, os asistentes poderán facilitar material gráfico da súa empresa e as URLs das webs e dos seus perfís nas redes sociais durante o acto.

Advertisement