A Unión Europea destina oitenta millóns de euros a emprendedores TIC que desenvolvan aplicacións móbiles


FIWARE 2A EU lanza o Programa FIWARE Accelerator, onde se destinan 80 millóns de euros a pemes, startups e emprendedores TIC que desenvolvan aplicacións na tecnoloxía FI-WARE, a plataforma estándar e aberta que se desenvolveu no marco dunha colaboración Público-Privado sobre a Internet do Futuro lanzado conxuntamente pola Comisión Europea e os principais actores TIC europeos a comezos do 2011. As especificacións da plataforma FI-WARE son públicas e libresde royalties, e están respaldadas por implementacións de software de código abierto.FIWARE

O programa FIWARE Accelerator xa lanzou as primeiras convocatorias a principios de mes. O resto das convocatorias serán presentadas hoxe e mañá en Munich con motivo da European Conference on Future Internet.

A vicepresidenta da Comisión Europea NeelieKroes, responsable da Axenda Dixital Europea, comenta que xa hay moitas apps desenvolvidas empregando a plataforma FIWARE, desde apps para avisos de terremotos a Smartaxi apps. Así mesmo, a vicepresidenta anima aos emprededores a empregar esta plataforma innovadora para desenvolver servizos en Internet máis rápidos e mellores.

FIWARE Accelerator seleccionará, asesorará e financiará os mellores proxectos desenvolvidos sobre FIWARE. Máis de 1000 emprendedores e desenvolvedores de aplicacións móbiles podrán recibir unha axuda de ata 150.000€.

Para sumarse ao programa FIWARE Accelerator, só tres pasos son precisos:

  1. Ter unha boa idea para un novo servizo en Internet e montar o teu equipo de traballo

  2. Analizar o diferentes proyectos FIWARE, e escoller o que mellor se adapte a túa idea

  3. Introducir a túa proposta a través da web.  

Máis información: www.fiware.org

Advertisement