INVESTIMENTOS NO ÁMBITO DA ACUICULTURA


20140404-004422.jpg

Finalidad / Objetivo

Estas axudas poderán financiar:

a) Investimentos produtivos en acuicultura.
b) Medidas hidroambientais.

Para o obxecto desta orde, entenderase por acuicultura a cría ou cultivo de organismos acuáticos con técnicas encamiñadas a aumentar, por riba das capacidades naturais do medio, a produción dos organismos en cuestión. Estes serán, durante toda a fase de cría ou de cultivo e ata o momento da súa colleita, propiedade dunha persoa física ou xurídica.

Tipos de apoyo

Axudas en réxime de concorrencia competitiva

Beneficiarios potenciales

As persoas físicas ou xurídicas titulares de establecementos de cultivos mariños ou de establecementos en augas continentais inscritos no Rexistro de Centros de Acuicultura, que teñan as súas instalacións na Comunidade Autónoma de Galicia e aquelas que establezan nela novos centros.

Tamén poderán ser beneficiarios das axudas, as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, sempre que subscriban todos e cada un dos seus membros a solicitude, estean constituídas por titulares de establecementos de acuicultura e as súas federacións, teñan a sede en Galicia e realicen a súa actividade nesta comunidade. Estas entidades non se poderán disolver ata que transcorra o prazo de prescrición previsto na Lei de subvencións de Galicia.

As axudas ao investimento produtivo en acuicultura, limitaranse ás microempresas, ás pequenas e medianas empresas e ás empresas non recollidas pola definición de microempresa, pequena ou mediana empresa tal e como se definen na Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio, con menos de 750 empregados ou cun volume de negocios inferior a 200 millóns de euros.

As empresas deberán cumprir os criterios de independencia segundo a Recomendación da Comisión do 6 de maio de 2003, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas. Para o cálculo dos efectivos (número de persoas ocupadas) e dos importes financeiros terase en conta o indicado na citada recomendación.

Sectores incentivables

Acuicultura

Requisitos principales del proyecto

1. Poderán ser subvencionables de conformidade con esta orde os investimentos en activos fixos materiais para a construción, ampliación, equipamento e modernización de instalacións acuícolas de produción situadas en Galicia, que teñan por obxecto un ou varios dos seguintes investimentos e actuacións:

a) Diversificación cara a novas especies ou produción de especies con novas perspectivas de mercado.

b) Establecemento de métodos de acuicultura que reduzan substancialmente as consecuencias negativas ou melloren os efectos positivos sobre o ambiente, en comparación coas prácticas normais no sector da acuicultura.

c) Apoio a actividades tradicionais da acuicultura que contribúan a preservar e desenvolver o tecido económico e social e a protección do ambiente.

d) Apoio á adquisición de equipamentos para protexer as explotacións dos depredadores salvaxes.

e) Mellora das condicións de traballo e da seguridade dos traballadores da acuicultura.

2. Así mesmo, poderán ser obxecto de axuda, de conformidade con esta orde, aqueles métodos de produción acuícola que contribúan a protexer e mellorar o ambiente e a conservación da natureza que teñan por obxecto un ou varios dos seguintes investimentos e/ou actuacións:

a) O establecemento de formas de explotación acuícola que inclúan a protección e mellora do ambiente, dos recursos naturais e da diversidade xenética, así como a xestión da paisaxe e as características tradicionais das zonas acuícolas.

b) A participación no sistema comunitario de xestión e auditoría ambiental creado polo Regulamento 1221/2009 do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de novembro, relativo á participación voluntaria de organizacións nun sistema comunitario de xestión e auditoría ambientais.

c) A acuicultura ecolóxica no senso do Regulamento (CEE) 710/2009 da Comisión, do 5 de agosto, sobre a produción ecolóxica e a súa indicación nos produtos agrarios e alimenticios.

As axudas establecidas neste punto revestirán a forma de compensacións, de acordo co previsto no artigo 30 do Regulamento (CE) 1198/2006. Para os investimentos materiais necesarios para a aplicación dun EMAS as axudas poden instrumentarse como axudas ao investimento, cos límites fixados no anexo II do Regulamento (CE) 1198/2006.

3. Tamén poderán ser subvencionables os investimentos que teñan por obxecto a construción ou modernización de embarcacións auxiliares da acuicultura, que estean inscritos na 4ª lista no Censo de frota pesqueira operativa e no Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia, que teñan o seu porto base na Comunidade Autónoma de Galicia.

Cualificación requerida del proyecto

1. Como norma xeral, os investimentos ou gastos para os cales se solicita axuda non se poderán iniciar antes da data de presentación da solicitude de axuda nin antes da realización da acta de comprobación previa por parte dos servizos da Consellería do Mar, en caso de investimentos materiais. A non realización de investimentos inmateriais demostrarase mediante a data da factura correspondente.

2. O non inicio acreditarase mediante certificación dos servizos da Consellería do Mar, onde se van realizar os investimentos, non sendo válidas as actas notariais ou documentos similares realizados para este fin.

3. Se for necesario realizar os investimentos antes da apertura do prazo de presentación de solicitudes da convocatoria anual correspondente e sempre que se xustifique debidamente, de forma excepcional poderá facerse unha certificación de non inicio, inmediatamente antes de que comece a realización dos investimentos.

4. No caso de que a solicitude non fose admitida ou seleccionada, a acta de comprobación poderá ter efecto tamén nas seguintes convocatorias sempre que o solicitante confirme a súa solicitude de axuda.

5. A realización da certificación de non inicio en ningún caso implica dereito nin mérito para a concesión da axuda.

Inversiones o gastos computables

1. En investimentos produtivos:

a) Construción, ampliación, modernización ou acondicionamento de bens inmobles, sempre e cando estea xustificada a súa necesidade para a explotación de que se trate. Estes bens non deberán ter recibido nos últimos 10 anos ningunha subvención nacional ou comunitaria que poida comportar duplicidade da axuda.

b) Os gastos do proxecto técnico e dirección de obra ata un límite do 12 por cento do custo indicado no proxecto, sempre que a actuación a que se refira resulte seleccionada.

c) Maquinaria, instalacións e equipamentos de primeiro uso, sempre e cando estea xustificada a súa necesidade, incluídos os programas informáticos relacionados coas actividades de produción da empresa. Exclúense os equipos informáticos portátiles.

d) Elementos de transporte interno, sempre que formen parte integrante do proxecto que se presente.

e) Adquisición de elementos especiais de transporte exterior, cando a adecuación ao uso a que se destinen exixa unha fabricación ou carrozado singulares e sempre que estean vinculados ao proxecto.

f) Construción ou modernización de embarcacións auxiliares da acuicultura. As embarcacións que perciban axudas á construción no ano 2010 ou seguintes, non poderán percibir axudas á modernización nos cinco anos seguintes ao da percepción da axuda.

g) A construción de bateas, cando para a mesma concesión administrativa estes artefactos non percibisen axudas á construción ou modernización nos últimos cinco anos e a nova construción sexa distinta ás anteriores, ben pola súa tecnoloxía ou polo seu rendemento, sempre que non implique perda de produtividade.

No suposto de modernización das bateas, unicamente os novos dispositivos empregados na mellora das condicións de traballo, hixiene e saúde humana.

h) Investimentos materiais necesarios para a aplicación dun EMAS.

2. En medidas hidroambientais.

Dentro dos proxectos hidroambientais, serán subvencionables:

a) En proxectos de melloras ambientais:

1. Custos de mantemento de estruturas.

2. Perdas debidas a predadores salvaxes.

3. Perda de renda debido á diminución de densidade de produción.

b) En proxectos do tipo de adhesión ao sistema EMAS, serán subvencionables os seguintes gastos:

1. Custos de asesoría para a implantación inicial do sistema.

2. Declaración ambiental realizada por consultor independente.

3. Verificación do sistema de xestión ambiental e do procedemento de auditoría e validación da declaración ambiental realizadas por verificador acreditado ou autorizado.

4. Gastos de rexistro.

c) Nos proxectos do tipo de acuicultura ecolóxica, serán subvencionables os seguintes gastos:

1. Diminución do volume de produción.

2. Incremento dos custos de produción.

3. Custos de inspección e certificación.

* Certificación de non inicio

1. Como norma xeral, os investimentos ou gastos para os cales se solicita axuda non se poderán iniciar antes da data de presentación da solicitude de axuda nin antes da realización da acta de comprobación previa por parte dos servizos da Consellería do Medio Rural e do Mar, en caso de investimentos materiais. A non realización de investimentos inmateriais demostrarase mediante a data da factura correspondente.

2. O non inicio acreditarase mediante certificación dos servizos da Consellería do Medio Rural e do Mar onde se van realizar os investimentos e non serán válidas as actas notariais ou documentos similares realizados para este fin.

3. Se for necesario realizar os investimentos antes da apertura do prazo de presentación de solicitudes da convocatoria anual correspondente e sempre que se xustifique debidamente, de forma excepcional poderá facerse unha certificación de non inicio, inmediatamente antes de que comece a realización dos investimentos. Esta certificación solicitarase acompañada do proxecto, memoria descritiva dos aspectos técnicos e económicos do investimento, facturas pro forma ou catálogos que permitan facer unha valoración dos investimentos que se van realizar e relación destes, planos, proxecto visado, ofertas alternativas, de ser o caso, e terá efectos na convocatoria inmediatamente seguinte.

4. No caso de que a solicitude non sexa admitida ou seleccionada, a acta de comprobación poderá ter efecto tamén nas seguintes convocatorias sempre que o solicitante confirme a súa solicitude de axuda, salvo no caso de renuncia expresa á concesión da axuda ou non aceptación dela.
Cuantía de las ayudas
A porcentaxe máxima de contribución pública neste tipo de investimentos, poderá ser igual ou menor ao 60 % do total dos gastos subvencionables.

Respecto ás empresas que non teñan a consideración de microempresas, pequenas ou medianas, e que teñan menos de 750 empregados ou un volume de negocios inferior a 200 millóns de euros, a contribución pública reducirase a un máximo dun 30 %.

2. Para as medidas hidroambientais, as axudas revestirán a forma de compensacións.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será un mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Incompatibilidades

1. Serán compatibles con calquera outra concedida por outras administracións públicas ou por entidades públicas ou privadas, sempre que non teñan financiamento parcial ou total de fondos procedentes doutro instrumento financeiro comunitario e a suma total das axudas non supere a porcentaxe máxima fixada no Regulamento do Fondo Europeo da Pesca (FEP) para a contribución pública.

2. No suposto de que a suma de todas as axudas supere os ditos límites, procederase por resolución do órgano concedente á minoración da axuda concedida.

Advertisement