Inicio servizos telemáticos do borrador. RENDA 2013


renta 2013Dende o 1 de abril están dispoñibles todos os trámites para a xestión electrónica do borrador de declaración. Como todos os anos, publicouse nesta páxina web un portal temático sobre a campaña que inclúe toda a información, as ligazóns aos trámites correspondentes, segundo o calendario previsto, e as axudas que facilitarán o seu uso.

01-04-2014 Inicio servizos telemáticos do borrador. Servizo telefónico de información RENDA

Obtención do número de referencia do Borrador e/ou Datos Fiscais (RENØ) por Internet: do 1 de abril ao 30 de xuño (24 h).
Confirmación do borrador por Internet, no teléfono automatizado 901 12 12 24 ou por SMS: do 1 de abril ao 30 de xuño (24 h).

Confirmación do borrador por teléfono, no 901 200 345: do 1 de abril ao 30 de xuño (L a V de 9 a 21 h).

Modificación do borrador por Internet: do 1 de abril ao 30 de xuño (24 h).

Modificación do borrador por teléfono no 901 200 345: do 1 de abril ao 30 de xuño (L a V de 9 a 21 h).

Servizo telefónico de información tributaria de RENDA, 901 33 55 33 (L a V de 9 a 19 h; este servizo permanecerá todo o ano).

Advertisement