SUBVENCIÓNS PARA A APERTURA DE NOVOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS


axudas npov

Finalidade / Obxectivo

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a apertura de novos establecementos comerciais.

Tipos de apoio

Subvención en réxime de concorrencia competitiva suxeito ao réxime de axudas de minimis.

Beneficiarios potenciais

Os comerciantes retallistas, xa sexan persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas sen personalidade xurídica, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas.

a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e, así mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique na dita comunidade autónoma.

b) Que, tendo a condición de peme, empreguen menos de dez (10) traballadores e non teñan a consideración de grande establecemento comercial segundo a normativa aplicable.

c) Estar dado de alta nalgunha das epígrafes do IAE que se relacionan no anexo II. A data de alta no imposto de actividades económicas ten que estar comprendida entre o 1 de novembro de 2013 e o 30 de xuño de 2014, ambos incluídos, e considerarase para todos os efectos como data de inicio da actividade.

d) Que figure inscrito no Rexistro Galego de Comercio ou ter solicitada a inscrición con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Non poderán ser beneficiarios destas axudas as empresas en crise, conforme a definición prevista no artigo 1 número 7 do Regulamento (CE) nº 800/2008, do 6 de agosto, da Comisión en relación coas pemes e conforme o disposto no número 2.1 das directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (2004/C 244/02) en relación coas grandes empresas.

Inversións ou gastos computables

Considéranse actuacións subvencionables sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de novembro de 2013 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 18 do Anexo I desta orde a adquisición de:

1) Acondicionamento do local comercial, sempre que a superficie resultante non supere os 150 m². Non será de aplicación esta limitación de superficie para as actividades encadradas baixo a epígrafe do IAE 653.1. Esta actuación será subvencionable na superficie comercial dedicada á venda.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 12.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

2) Medidas orientadas á mellora da imaxe exterior e adquisición de moblaxe e equipamento dedicado ao desenvolvemento da actividade comercial e para uso exclusivo na superficie de venda. Quedan excluídos neste punto, os equipamentos informáticos, impresoras, televisións, monitores, sistemas de alarma ou similares.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 6.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

3) Investimentos en tecnoloxías da información e da comunicación: terminais de punto de venda (TPV integrado), paquetes de software de xestión comercial e páxinas web comerciais.

As páxinas web deberán dispor de navegación por menús e conter como mínimo páxinas de presentación da empresa, detalle da actividade comercial realizada, localización do establecemento comercial, contacto e información dos produtos que oferta.

Para estas actuacións o investimento máximo subvencionable será de 2.000 euros, IVE excluído, e a porcentaxe de subvención do 50 %.

4. Non serán subvencionables os impostos recuperables ou repercutibles polo beneficiario.

5. En ningún caso os solicitantes poderán superar polo conxunto de subvencións a que concorran o límite máximo de investimento subvencionable de 20.000 euros, IVE excluído.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes remata o día 30 de xuño de 2014.

Incompatibilidades

En ningún caso, o importe da subvención regulada nesta orde, poderá ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con outras axudas das distintas administracións ou calquera dos seus entes públicos e privados, nacionais ou internacionais, supere o 100 % do investimento subvencionable.

As subvencións previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das reguladas por esta consellería e entes dependentes, para os mesmos conceptos subvencionables.

Advertisement